Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre o proceso de adxudicación para a xestión das dúas Casas das linguas


# Mércores, 17/02/2010
A Xunta de Goberno abriu o procedemento para adxudicar o desbroce de máis de 230 quilómetros de pistas de diversas parroquias

Imaxe Asociada
O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno aprobou a apertura do procedemento de adxudicación da xestión das actividades socioeducativas nos centros municipais da Casa das linguas sitas en Estrada da Granxa e na Piringalla.

O Concelleiro explicou que a ­Casa das Linguas de Estrada da Granxa consta de espazos comúns destinados a recepción e equipos informáticos, 2 aulas de conversación, unha biblioteca-tertulia máis un salón de actos, dotado de mobiliario e equipos informáticos. Este centro, segundo indicou Rábade, “conta con 300 persoas matriculadas, das que máis de 250 son maiores de 14 anos o que cumpre co obxectivo do equipo de Goberno de que sexa un centro de encontro e difusión que contribúa ao fortalecemento lingüístico dos cidadáns de Lugo, e á construción dunha cidadanía mellor formada na que os idiomas formen parte activa do coñecemento persoal”.

En canto á Casa das Linguas do barrio da Piringalla, que está a piques de abrir, consta dun espazo común destinado a recepción e equipos informáticos, 1 aula de conversación, 2 salas de actividades e 1 despacho. Tamén está destinada a toda a poboación con idade de 10 anos en diante.

O orzamento previsto para a xestión do servizo é de 92.549,13 euros.

Centro de Día
A Xunta de Goberno aprobou a proposta de adxudicación provisional á empresa Alalás S.L. do servizo público municipal do Centro de Día Novo Antonio Gandoy por un importe de 392.790 euros ao ano. O servizo prestarase todos os días da semana excepto festivos co seguinte horario: de luns a sábado de 8.30 a 20.30 horas e os domingos de 11.00 a 18.00 horas. O Concelleiro explicou que con este contrato pasarase de 20 a 50 prazas de atención.

Desbroces
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a apertura do procedemento de adxudicación para a realización de traballos de desbroce de pistas de diversas parroquias do termo municipal de Lugo (Calde, Piugos, Torible, Adai, Soñar, Coeses, Saa, Monte de Meda, Lamas, Fixós, Meilán, Pías, Benade, Rubiás, Castelo, San Salvador de Outeiro, Ombreiro, Cuiña). Desbrozaranse aproximadamente 233,20 qm por ambas as marxes nun prazo de 2 meses e cun orzamento de 58.565,84 euros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova