Imprimir

A PRODUTORA DO SHOW DE FLIPY SUSPENDE O ESPECTÁCULO EN LUGO


17/2/2010 A organización cancela a representación por motivos alleos ao Concello

Por motivos alleos ao Concello de Lugo, a produtora do espectáculo El Show de Flipy, suspende a representación prevista para este venres 19 de febreiro ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O Concello de Lugo emite as súas desculpas polas molestias que poida ocasionar aos lucenses a cancelación da función por motivos alleos ao organismo municipal.