Imprimir

JOSÉ RÁBADE REXEITA A EXISTENCIA DE CARREIRAS ILEGAIS NA PIRINGALLA E DESTACA QUE A PRESENZA POLICIAL NA ZONA É CONTINUADA


17/2/2010 * Así mesmo cualifica de “moi grave” o ataque contra un comercio da cidade os pasados días

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou hoxe que o Concello de Lugo non ten constancia de que existan carreiras ilegais na zona da Piringalla tal e como denunciou publicamente o PP os pasados días.

Así, o voceiro municipal explicou que na zona da Piringalla se teñen levado a cabo numerosas actuacións en relación coa seguridade do tráfico. Destacou que a presenza policial na zona é continuada. Neste sentido, referiuse a actuacións como a colocación de coxíns ou bandas de seguridade en rúas como Lavandeira ou Angelo Colocci.

Así mesmo, manifestou a repulsa do Goberno local en relación co ataque sufrido a un centro comercial da cidade na rúa da Raíña que cualificou como “moi grave”. Así, destacou que as forzas e corpos de seguridade xa están investigando o caso, incidente no que o Goberno local “prestará todo o apoio que se lle requira”.