Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello inviste preto de 180.000 euros do FEIL na mellora dos accesos ao Campus Universitario


# Xoves, 18/02/2010
A Alcaldesa accidental e os Concelleiros de Infraestruturas e Medio Ambiente visitaron as actuacións na zona

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Alcaldesa accidental, Sonia Méndez, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, visitaron esta mañá as actuacións levadas a cabo nas contornas e espazos públicos urbanos de acceso ao Campus Universitario da Cidade con preto de 180.000 euros subvencionados polo Fondo Estatal de Investimento Local do 2009.

Entre as obras visitadas está a mellora da rotonda da Avenida Carvalho Calero que foi adxudicada á empresa Calfensa.

Esta actuación iniciouse o 7 de maio de 2009 e concluíu un mes despois. O importe da adxudicación foi de 6.677,42 euros.

Participaron na execución da obra 3 traballadores da empresa.

O proxecto, segundo explicaron os Concelleiros, afectou a 145 metros cadrados sobre un perímetro elíptico. Incluía a formación de céspede mediante semillado e plantacións.

Ademais, adecuáronse os accesos, fixéronse actuacións en explanacións e movementos de terra, instalación de rego, realización de bordillos, plantacións e sembra de céspede e colocación de elementos singulares de madeira.

Outras actuacións na zona
Os Concelleiros explicaron tamén que na zona leváronse a cabo, grazas ao FEIL, outras actuacións necesarias:

- Renovación de saneamento en Carvalho Calero
A Avenida Carvalho Calero dispuña dun colector de saneamento unitario de tubos de formigón situados baixo a beirarrúa de sección insuficiente e que ocasionaba continuos problemas na rede de saneamento.

Coa actuación substituíuse o colector antigo por novas conducións de PVC e executáronse novas conexións das tuberías existentes, redistribuíndo o caudal das augas residuais segundo a capacidade dos novos tubos. Unha vez executada a zanxa, a colocación de tubos e dos novos pozos, procedeuse á renovación de pavimentos, sinalización horizontal e demais obras complementarias.

O presuposto de licitación a Canalugo foi de 159.723 euros e contou cun prazo de execución de 3 meses.

- Renovación de saneamento en Estrada da Granxa
A actuación consistiu na reparación da rede de saneamento da rúa Estrada da Granxa anulando unha conexión existente e executándoa augas abaixo do punto actual co obxectivo de reducir os caudais afluentes a un mesmo pozo, que provocaban a sobrecarga da rede nese punto.

Así, executouse un pequeno tramo de tubería de saneamento cruzando a calzada da rúa coa conseguinte reposición de pavimentos.

O presuposto de licitación foi de 9.626 euros e o prazo de execución foi dun mes. A empresa adxudicataria foi Asogal Construcciones.

Piñeiro indicou que “estas obras melloran os servizos, a estética da cidade e o benestar dos veciños que, en definitiva, é o que buscamos desde o equipo de Goberno”.

Rotura en Alfonso X
José Piñeiro explicou que a rotura da tubería de auga en Alfonso X provocou danos nun baixo, uns desperfectos que xa foron denunciados polo propietario do inmoble e, dos cales, o Concello asumirá a responsabilidade civil "como sempre fai".
 
Neste sentido, o Concelleiro de Infraestruturas recordou o "importante traballo" que está levando a cabo o Goberno Local en relación coa rede de suministro de auga da cidade. Así, destacou que desde a chegada ao Goberno de López Orozco se veñen substituíndo de xeito permanente as tuberías de fibrocemento por tuberías de fundición, por ser elementos de maior calidade. Trátase dun traballo "contínuo que o Concello ven acometendo de xeito permanente co obxectivo de dar un bo servizo a todos os cidadáns", expuxo.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova