Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo trasladaralle á Xunta a súa oposición a ampliación de guetos na cidade


# Xoves, 18/02/2010
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade e o Concelleiro de Protección da Comunidade reuníronse hoxe cos veciños da Rúa Aquilino Iglesias Alvariño

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, reuníronse esta mañá cos veciños da Rúa Aquilino Iglesia Alvariño para tratar a posible adxudicación dunha vivenda a unha familia de etnia xitana. O Concello de Lugo adquiriu o compromiso cos veciños de enviarlle unha misiva á Xunta de Galicia, competente na materia, na que mostrará a súa oposición a ampliación de guetos na cidade.

O Concello de Lugo amosa o seo apoio aos veciños que manifestan que, no momento de adxudicación das súas vivendas, a entidade adxudicante, dependente da Xunta, comprometeuse a “deixar baleiras dúas vivendas co fin de utilizalas en situación de emerxencia”.

A Xunta declinou participar na reunión, polo que o Concello decidiu xunto cos veciños, enviarlle un escrito hoxe mesmo para coñecer a situación dos pisos da Rúa Aquilino Iglesias Alvariño, así como as decisións que pensan tomar en relación cos mesmos.

Carmen Basadre lamenta a política de Vivenda no referente ás vivendas sociais e confía en que a situación se poida reconducir. Así mesmo, o Concello estará sempre ao lado dos veciños respectando sempre a legalidade.

O Concello defende o dereito de todos os cidadáns á vivenda pero este feito non pode constituír a creación de guetos ou a ampliación dos existentes. Así mesmo, o Goberno local aclara que a situación que se vive en Aquilino Iglesia non ten nada que ver co realoxo pendente no barrio da Ponte.

Por outra banda, o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, anuncioulles aos veciños que se incrementará a presenza policial na zona .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova