Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2.600 atletas participarán na vindeira carreira do Corre con Nós


# Venres, 19/02/2010
A proba terá lugar o vindeiro domingo 21 de febreiro ás 12.00 horas

O Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós, organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, continúa esta fin de semana coa terceira proba para os adultos e a cuarta para os rapaces.

Os atletas participantes correrán un percorrido de asfalto e terra que discorre pola Avenida Duquesa de Lugo , o paseo do Rato e a rúa Paradai de Abaixo.

Hai un total de 1.430 adultos inscritos no circuíto para esta proba que ten unha distancia de 4.240 metros.

En canto ás rapazas e rapaces inscritos suman un total de 1.212 divididos nas seguintes categorías:

Categoría Mini: 202 inscritos distancia 400 metros.
Categoría A: 383 inscritos distancia 800 metros.
Categoría B: 369 inscritos distancia 1.200 metros.
Categoría C: 156 inscritos distancia 2.400 metros.
Categoría D : 102 inscritos distancia 2.400 metros.

Así hai un total de 2.642 atletas inscritos no circuíto para esta carreira.

Os atletas contarán cun servizo de duchas nos vestiarios exteriores da Casa do Deporte do Concello de Lugo.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova