Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI-Nodus acolle catro novas empresas de emprendedores lucenses


# Venres, 19/02/2010
* As ideas empresariais contan cun marcado carácter emprendedor e tecnolóxico

Imaxe Asociada

* EcoBulb é a única empresa en España en comercializar bombillas fluorescentes con alto factor de potencia e gran nivel de aforro
* 2xMil Soluciones está acometendo toda a dirección informática do POLUSA
* Binarty ofrece o deseño e desenvolvemento de sitios web que son creados integramente con ferramentas de software libre
* A-Porta conta coa experiencia dos seus socios na área de soporte e servizos TIC e desenvolvemento de aplicacións (I+D) de máis de 15 años no sector público e privado tanto no ámbito nacional como internacional


O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo acolle a catro novas empresas que están a desenvolver a súa actividade nesta instalación municipal. Todas estas novas iniciativas empresariais desenvolvidas ao amparo do CEI-Nodus, contan cun marcado carácter emprendedor e tecnolóxico. Toda a información poderá atoparse en http://cei.lugo.es .

As empresas:

- 2xMil Soluciones.- É unha consultoría informática avalada pola ampla experiencia e profesionalidade dos seus membros, en constante formación, acadando deste xeito un equipo capaz de asumir unha gran variedade de proxectos. Ten como obxectivo ofrecer diferentes servizos nos seguintes campos de actuación: Sistemas informáticos, proxectos web e comunicacións. A súa máxima prioridade é ofrecer un servizo áxil, dinámico e de calidade.

Trátase dunha empresa que está ocupándose de acometer toda a dirección informática do Polusa, así como da instalación de wifi para hospitalizacións e consultas internas.

Os principais servizos que ofrece son: Sistemas Informáticos, instalación de Redes LAN, servizo de asesoría técnica en temas informáticos, outsourcing informático (ocúpase de que os equipos informáticos das empresas funcionen correctamente), solucións Software, Software TPV de Hostalería e Software Punto de Venta Comercio Minorista.

- Binarty.- Encárgase do deseño e desenvolvemento de aplicacións e sitios web. Nace en Lugo sendo a súa actividade principal o deseño e desenvolvemento de sitios web accesibles, escalables, seguros e posicionados en buscadores. Ademais, Binarty desenvolve anualmente varios proxectos propios e innovadores en Internet.

Binarty ofrece o deseño e desenvolvemento de sitios web que son son creados integramente con ferramentas de software libre. O resultado son sitios web que o usuario ve da mesma forma nos diferentes navegadores web actuais (accesibilidade), permiten ampliar as características e funcionalidade do sitio web nun futuro sen afectar ao rendemento (escalabilidade), implementan políticas para protexer a información que xestiona o sitio (seguridade) e están preparados para posicionarse competitivamente nos principais buscadores de Internet (SEO).

Binarty realiza os seus traballos mediante o framework Symfony. Ademais, realiza a optimización para motores de búsqueda en Internet (SEO) en sitios web existentes, auditorías de seguridade web para pequenas empresas, edición de vídeo (spots, visuals, videoclips,...)

O sitio web de Binarty estará operativo a principios de marzo na dirección www.binarty.com

- A-Porta Innovacións en servizos informáticos é unha empresa cunha visión orientada á consolidación no uso da tecnoloxía na provincia de Lugo, permitindo ás PeMES o acceso a servizos que lle permitan maximizar o potencial da súa infraestrutura tecnolóxica, sen saír do entorno local.

A-Porta conta coa experiencia dos seus socios na área de soporte e servizos TIC e desenvolvemento de aplicacións (I+D) de máis de 15 años no sector público e privado tanto no ámbito nacional como internacional.

Un dos principais valores de A-Porta é a calidade de servizo, de xeito que a meirande parte dos nosos esforzos están centrados na satisfacción total das necesidades dos clientes.

Manter unha xestión informada é outro dos obxectivos esenciais da empresa, é por isto que o servizo de A-Porta iníciase coa entrega dun informe completo e libre de custo, acerca dos ordenadores que entren no contrato, así coma unha descrición clara e precisa dos servizos cubertos.

- EcoBulb.-Trátase dunha empresa de distribución bombillas fluorescentes compactas e luminarias. É a única empresa en España en comercializar esta tecnoloxía importada de Nova Zelanda. Desde Lugo distribuirase a todo o mercado español.

É un produto elaborado cunha nova tecnoloxía con alto factor de potencia e que permite un gran nivel de aforro. O proxecto foi presentado con gran éxito de acollida ante o IDAE, Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, unha entidade pública empresarial, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.

Centro de Empresas e Innovación: cei.lugo.es




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova