Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre denuncia a desigualdade laboral entre homes e mulleres e a necesidade de crear unha sociedade máis xusta, democrática e cohesionada


# Martes, 23/02/2010
O programa Día Internacional da Muller Traballadora inclúe unha gala benéfica, charlas, a marcha pola igualdade, os premios Entre Mulleres, exposicións e espectáculos teatrais

Imaxe Asociada

Un ano máis o Concello de Lugo celebra o Día Internacional da Muller Traballadora cun completo programa de actos que se desenvolverá ao longo do mes de marzo e que foi presentado esta mañá pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre.

A Concelleira explicou que “a día de hoxe aínda existe unha desigualdade laboral importante en canto ao salario entre as mulleres e os homes”. En Galicia as mulleres cobran o 74´5% do dos homes, polo que a fenda salarial (a diferenza media do salario entre homes e mulleres por hora traballada) é do 25´5%, a fenda estatal é de 27´7% e na UE do 17´6%. Basadre indicou que “no caso de Lugo o salario das mulleres é o 79´49% dos homes cunha fenda do 20´51%”. En canto ás mulleres estranxeiras perciben o 50´26% do que perciben as de nacionalidade española en Galicia.

Tendo en conta estes datos a Concelleira indicou que “hai que seguir traballando moi duro para que se faga efectiva a máxima que a igual traballo igua salario, para o que hai que levar a cabo medidas de acción positivas, plans de acción, valoracións máis cuantitativas dos empregos e que se adecúe e valore a formación das mulleres. O obxectivo é reducir o risco de pobreza aumentando a capacidade de consumo, o que permite ter ás e aos mellores no mercado laboral o que leva a unha maior competitividade e produtividade”.

A Concelleira valorou moi positivamente a lei de igualdade 3/2007 sobre todo dende que se aprobou o Decreto que regula o permiso de paternidade o que posibilita unha maior integración laboral e unha maior corresponsabilidade dos homes e das mulleres. En Lugo foron 1.161 os traballadores que solicitaron o seu permiso de paternidade no ano 2009.

Basadre afirmou que “temos que recoñecer a importancia do proxecto de lei para a interrupción voluntaria do embarazo e de saúde reprodutiva xa que supón unha maior autonomía das mulleres para decidir e unha maior garantía xurídica”.

“A pesar dos avances os obxectivos están lonxe e debemos seguir traballando”, apuntou, “xa que as diferencias salariais entre homes e mulleres teñen un importante impacto nos ingresos de por vida e nas pensións das mulleres”. Basadre engadiu que “xeran un risco de pobreza para as mulleres maiores”.

Basadre afirmou o seu compromiso de seguir traballando contra as causas das desigualdades no mercado laboral: infravaloración do traballo das mulleres, discriminacións directas, tradicións e estereotipos, … para crear unha boa sociedade máis xusta, democrática e cohesionada.

Programa do Día da Muller
A Casa da Muller do Concello de Lugo dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, elaborou un programa que inclúe unha serie de actos dirixidos a toda a cidadanía, co obxecto de reivindicar os dereitos das mulleres e afianzar o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

DÍA 5 DE MARZO. Cea “Mulleres solidarias por Haití”. No Restaurante Manuel Manuel ás 21’30 horas. As tarxetas están á venda na Casa da Muller, ata o día 3, en horario de 9:30 ás 13:30 horas e de 17:00 ás 19:00 horas. Prezo: 20€. As persoas que ademais queiran colaborar coa causa poden facer a súa aportación a través do nº de conta de Caixa Galicia: 2091.0209.10.3040019000, indicando “Emerxencia Haití”.

DÍA 7 DE MARZO. “VII Marcha pola igualdade”. Saída da Praza Maior ás 11:30 horas, dando dúas voltas á Muralla.

- No Templete da Música da Praza Maior, concerto da Banda Municipal adicado ás mulleres, a partir das 13:00 horas.

DÍA 8 DE MARZO. Entrega dos Premios “Entre Mulleres”. No Salón de Plenos do Concello. Praza Maior. Ás 12:30 horas.

- Exposición fotográfica “Concello de Lugo-Taller de Solidariedade: 7 anos de cooperación”. Inauguración ás 20:00 horas no Centro “Maruja Mallo” . Permanecerá ata o día 18 de marzo. Entre o día 22 e o día 31 de marzo trasládase á Sala de Exposicións do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”.

DÍA 9 DE MARZO. Representación do Espectáculo “ A vida de Rosa DÍA TRAS DIA”. No Salón de Actos do Centro de Convivencia “Uxío Novoneyra”. Ás 19:30 horas, polo grupo teatral “Mariclown”.

DÍA 24 DE MARZO. Conferencia “Avaliación da Lei de Igualdade “, impartida por Purificación Mayobre Rodríguez, Profesora Titular da Universidade de Vigo. No Salón de Actos do Centro de Convivencia “Maruja Mallo” ás 19:30 horas.

DURANTE TODO O MES DE MARZO, en colaboración cos Obradoiros de pintura dos Centros de Convivencia; exposicións de Pintura de autoras femininas dos Obradoiros dos Centros de Convivencia:
* Centro de Fingoi: do 1 ó 7 de marzo / Charla-coloquio o día 4 ás 17:00 horas.
* Centro da Milagrosa: do 8 ó 14 de marzo / Charla-coloquio o día 9 ás 10:00 horas.
* Centro do Sagrado Corazón: do 15 ó 21 de marzo / Charla-coloquio o día 17 ás 10:00 horas.
* Centro Maruja Mallo: do 22 ó 31 de marzo / Charla-coloquio o día 23 ás 12:00 horas.

TODOS OS SÁBADOS E DOMINGOS DO MES DE MARZO, de 11.00 ás 13.00 horas, “Defensa persoal para mulleres”, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, impartido por Agustín Trigo, Presidente da Asociación Galega de Taekwondo. Inscripcións no Centro de Convivencia “Maruja Mallo”.

A Concelleira anunciou que na zona rural haberá no mes de abril e maio un ciclo de curtas sobre a igualdade e a corresponsabilidade entre homes e mulleres.

Web: A casa da muller


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova