Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Doce participantes do obradoiro Descubrindo Galicia visitaron a Sala de Exposicións Porta Miñá


# Martes, 23/02/2010
O taller desenvólvese no Centro de Convivencia de Fingoi organizado polo Concello de Lugo

Dentro da programación de actividades de Animación Sociocultural para o período 2009-2010 organizadas polo Concello de Lugo no Centro Social Municipal de Fingoi, encádrase o Obradoiro “Descubrindo Galicia”

Como actividades complementarias teñen lugar varias saídas fóra do Centro a diversos lugares de interese histórico e cultural coas que se pretende, entre outros obxectivos, ademais, de ampliar coñecementos sobre os contidos tratados no obradoiro: fomentar a convivencia entre os asistentes, aprender a valorar o noso patrimonio cultural, favorecer a relación e a comunicación intergrupal, potenciar a participación na actividade.

Esta mañá os participantes realizaron unha visita á Sala de Exposicións Porta Miñá, acompañados pola monitora da actividade.

Neste primeiro semestre do ano barállanse outros lugares de interese como o Museo Provincial, as Termas Romanas, así como algunha fóra da provincia.

Pode descargar o arquivo PDF coa Programación de Actividades de Centros Sociais 2009-2010




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova