Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un curso de formación ocupacional en madeira para 10 desempregados


# Martes, 23/02/2010
A actuación está incluída na iniciativa do proxecto Urban

O Concello de Lugo organizou para o mes de maio un curso de formación ocupacional en madeira dirixido a persoas desempregadas ou que desexen mellorar a súa situación laboral e que residan na zona Urban.

Ofértaranse un total de 10 prazas para as que terán preferencia aqueles colectivos en risco de exclusión social e mulleres.

Os interesados en participar neste curso, que terá unha duración de 410 horas, poderán realizar a súa prescrición ata o 5 de marzo na Oficina do Plan Urban (Casa do Concello, Praza Maior nº 1, teléfono: 982 297 390) ou a través do correo electrónico urbanarrobaconcellodelugo.org.

Esta actuación está incluída na iniciativa urbana Proxecto Urban que está a desenvolver o Concello de Lugo e que conta co 70% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova