Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 achega á cidade o espectáculo La noche de Muchachada Nui do humorista Joaquin Reyes


# Martes, 23/02/2010
As entradas están xa á venda a través da web e da taquilla telefónica de Caixanova

Imaxe Asociada

O Concello de Lugo continúa coa programación da celebración do Décimo Aniversario da Declaración da Muralla como Patrimonio Mundial. Nesta ocasión tócalle o turno ao humorista Joaquín Reyes que o 26 de marzo representará na cidade o espectáculo La noche de Muchachada Nui.

Joaquín Reyes é o actor principal, director e guionista de Muchachada Nui, o programa televisivo de La 2 que significou unha auténtica revolución no humor nacional. Nestes momentos, é un éxito na televisión, en DVD e as imaxes en Internet das tres primeiras temporadas. Unha linguaxe fresca e especial que comanda Joaquín, actor tamén no televisivo "Cámera Café".

As entradas para asistir ao espectáculo están xa á venda na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web www.caixanova.es a un prezo de 18 euros na zona A, 16 euros na B e 14 na C.

Web de Lugo10




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova