Imprimir

LUGO10 ACHEGA Á CIDADE O ESPECTÁCULO LA NOCHE DE MUCHACHADA NUI DO HUMORISTA JOAQUIN REYES


23/2/2010 As entradas están xa á venda a través da web e da taquilla telefónica de Caixanova

O Concello de Lugo continúa coa programación da celebración do Décimo Aniversario da Declaración da Muralla como Patrimonio Mundial. Nesta ocasión tócalle o turno ao humorista Joaquín Reyes que o 26 de marzo representará na cidade o espectáculo La noche de Muchachada Nui.

Joaquín Reyes é o actor principal, director e guionista de Muchachada Nui, o programa televisivo de La 2 que significou unha auténtica revolución no humor nacional. Nestes momentos, é un éxito na televisión, en DVD e as imaxes en Internet das tres primeiras temporadas. Unha linguaxe fresca e especial que comanda Joaquín, actor tamén no televisivo "Cámera Café".

As entradas para asistir ao espectáculo están xa á venda na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web www.caixanova.es a un prezo de 18 euros na zona A, 16 euros na B e 14 na C.

Web de Lugo10