Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo investiu 1.144.500 euros do FEIL na mellora de pavimentación e servizos de cinco rúas da cidade


# Mércores, 24/02/2010
*As vías melloradas grazas ao Plan E foron Ramón Ferreiro, Irmáns Vilar Ponte, Doutor Fleming, Cidade de Vigo e Puro Cora
*Estas obras deron traballo a 56 persoas, 10 de novo contrato


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron hoxe as actuacións levadas a cabo para mellorar a pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro, Irmáns Vilar Ponte e Doutor Fleming subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local. O Concelleiro indicou que estas obras, e outras do entorno como son a pavimentación e servizos da rúa Cidade de Vigo e renovación en pavimentos de Puro Cora, supuxeron un investimento aproximado aos 1.144.500 euros.


Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro

A obra foi adxudicada a Asogal Construcciones SL, que contou cun prazo de execución de 6,5 meses desde o 12 de xuño de 2009 e un importe de 693.993,06.

Traballaron neste proxecto un total de 28 empregados máis 6 de nova contratación

As obras executadas en Ramón Ferreiro englobaron as seguintes actuacións:

-Renovación das tuberías de abastecemento da rede de distribución, que discorren por ambas as beirarrúas. Substituíronse as tuberías de fibrocemento existentes por tuberías de fundición, coas chaves de paso, bocas de rego, bocas de incendio e acometidas domiciliarias correspondentes.
-Foi necesario renovar un tramo de saneamento, na calzada, xa que, dado o mal estado no que se atopaba, ocasionaba filtracións ao terreo.
-Renovación do pavimento de beirarrúa, incluso bordillo e rígola, coa creación de dársenas para contenedores nos tramos nos que non hai aparcamento en liña, rebaixes en pasos de peóns (que na maioría dos casos se retranquearon con respecto ao cruce para mellorar a seguridade viaria).
-Rexeneración do pavimento de calzada mediante fresado de capa de rodadura e reposición da mesma, e demolición e reposición do paquete completo de firmes nos tramos nos que o firme se encontraba máis deteriorado.
-Sinalización horizontal da rúa, con reordenación de aparcamento e carrís de circulación.


Pavimentación e Servizos nas rúas Irmáns Vilar Ponte e Doctor Fleming

A obra foi executada por Asogal Construcciones SL nun prazo de 6 meses e cun orzamento de 212.543,24 euros.

Esta actuación contou con 5 empregados da propia empresa e 2 de nova contratación.

Na Rúa Dr. Fleming renováronse todos os servizos (substitución da red de abastecemento existente de fibrocemento por unha nova rede de abastecemento en fundición, renovación da rede de saneamento, e renovación de canalización de alumeado público).

Na Rúa Irmáns Vilar Ponte renováronse exclusivamente os servizos estritamente necesarios, pois o soto dos edificios, situado baixo a propia rúa, imposibilita a execución de conducións na maior parte da súa lonxitude. Non obstante, os servizos quedan garantidos a través das rúas colindantes.

Tamén se renovaron na súa totalidade os pavimentos das dúas rúas, tanto o pavimento de beirarrúa como o pavimento de calzada, coa sinalización horizontal necesaria en ambas rúas.

Pavimentación e servizos na Rúa Cidade de Vigo

Procedeuse á renovación da tubería de abastecemento, que discorre pola beirarrúa, substituíndo a tubería de fibrocemento existente por tubería de fundición, coas chaves de paso, bocas de rego, bocas de incendio e acometidas domiciliarias correspondentes.

Ademais, renovouse o pavimento de beirarrúas, incluso bordillo e rígola, con creación de orellas de aparcamento e rebaixes en pasos de peóns.

O presuposto destas actuacións, executadas por Taboada y Ramos SL, foi de 87.416,90 euros. A obra contou cun prazo de execución de catro meses e co traballo de 8 empregados da empresa.

Renovación de pavimentos na Rúa Puro Cora

Esta actuación incluíu a renovación de pavimentos na parte da rúa, concretamente a calzada, o aparcamento e a beirarrúa oposta ao Parque Rosalía de Castro, adaptando a intervención aos criterios establecidos no Plan Director do Parque Rosalía de Castro.

O pavimento de beirarrúa renovado mediante baldosa de granito, con bordillo e rígola de granito.

A zona destinada a aparcamento pavimentouse en adoquín de granito silvestre abujardado, delimitando as prazas de estacionamento mediante bordillo de granito. Creáronse alcorques intermedios para as árbores existentes, pavimentados a base de árido e resina.

Tamén se fresou o pavimento de calzada, para repor a capa de rodadura mediante unha nova capa de mezcla bituminosa.

A actuación contou cun orzamento de 149.794,35 euros e un prazo de execución de seis meses. Para a realización destas obras Asogal Construcciones, S.L. contou con 5 traballadores xa  integrados na empresa e 2 de nova contratación. 

Piñeiro indicou que as obras realizadas gracias ao Plan E, son actuacións importantes que pretenden o obxectivo do Goberno local de acadar o equilibrio en toda a cidade, tanto na zona urbana como na rural. O Concelleiro explicou que nestes días estiveron a visitar distintas obras realizadas con cargo ao FEIL do 2009 en distintos barrios da cidade, “unhas obras distribuídas o mellor posible atendendo ás necesidades prioritarias de cada zona”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova