Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pídelle ao PP unha rectificación urxente en relación coas acusacións verquidas sobre a obra de Galegos


# Mércores, 24/02/2010

*O Executivo Local non descarta interpor accións legais en relación coas declaración do Sr. Castiñeira
*Cando a obra foi recepcionada estaba rematada e aínda non se pagou integramente



O Concello de Lugo pediulle hoxe ao Partido Popular unha rectificación urxente en relación coas declaracións efectuadas onte sobre a obra do FEIL executada en Galegos. Así o explicou hoxe o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, quen avanzou que o Goberno Local non descarta interpor accións legais en relación coas declaración efectuadas polo Sr. Castiñeira nas que acusaba ao Concello de recibir unha obra sen estar rematada e tela pagado.

Tal e como explicou José Piñeiro a obra foi recepcionada no mes de novembro, cumprindo con todos os requisitos recollidos no proxecto e esixidos pola Lei. Así mesmo, a obra aínda non foi integramente pagada senón que restan un prazo superior aos 70.000 euros por aboar.

"Trátase dunha obra recepcionada, igual que todas as que se acometen, polos técnicos municipais e non polo Alcalde, procedemento habitual neste tipo de actuacións e que o Sr. Casrtiñeira debera coñecer". "Polo tanto nin o Concello nin o Alcalde recibiu nin pagou ningunha obra sen rematar", aseverou.

Se houbera problemas cos prazos a obra podería ser prorrogada, aspecto que non foi preciso, posto que no momento da súa recepción estaba finalizada. Ante calquera desperfecto posterior na mesma, a obra conta cun período garantía, o mesmo que calquera actuación deste tipo mediante un aval que ten depositado a empresa construtora para facer fronte aos problemas que poden xurdir tras ter recibido as obras.

O Concello de Lugo pídelle ao PP unha rectificación pública ante unhas declaracións "gravísimas" efectuadas contra o Equipo de Goberno e contra os propios técnicos municipais.

"Unhas declaracións froito da ignorancia, a impunidade e a temeridade dun dirixente que só busca notoriedade sen pensar que para iso está empregando a mentira e a inxuria", expuxo.

"Consideramos gravísimo acusar tan á lixeira de falsedade documental, polo que lle pedimos as pertinentes desculpas, así como unha rectificación pública que os veciños, o Concello e os técnicos municipais merecen", concluíu.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova