Imprimir

O ALCALDE PRESENTA O PROGRAMA DE LUGO10 NA XORNADA DE CIDADES EUROPEAS PARA O PATRIMONIO DA CULTURA


24/2/2010 A xornada englóbase no cumio de Gobernos Locais da UE que se está a celebrar en Barcelona

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá en Tarragona na inauguración da xornada de Cidades Europeas para o Patrimonio da Cultura no marco do cumio de Gobernos locais da Unión Europea que se está a celebrar do 22 ao 24 de febreiro en Barcelona.

López Orozco, que participou xunto co Alcalde de Tarragona, Josep Félix Ballesteros, nesta inauguración oficial da xornada, aproveitou a ocasión para presentar aos asistentes o programa de Lugo10, baixo o que se rende homenaxe á Muralla e a todos os que fixeron posible o seu recoñecemento como Patrimonio Mundial.

Xa pola tarde o Alcalde participará como moderador nunha mesa redonda baixo o título: A Vía Augusta como o eixo de comunicación a Europa. Nesta charla participarán:
- Marta Prevosti, investigadora do Instituto Catalán de Arqueoloxía Clásica, que falará sobre a Vía Augusta a Cataluña.
- Isabel Rodá, directora do Instituto Catalán de Arqueoloxía Clásica, que expoñerá o seu relatorio sobre as vías de comunicación no Mundo Antigo e a súa pervivencia.
- Matu Turró, profesor da Escola de Enxeñeiros de Caminos, Canais e Portos da UPC falará sobre a Vía Augusta resucitada? Consideracións sobre o corredor do Mediterráneo e as redes transeuropeas do transporte.
- Sagrario Huelin, xerente da fundación Albertis, presentará o relatorio Albertis e a Vía Augusta: do tanxible ao intanxible.

www.lugo10.es