Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Protección da Comunidade pecha ao tráfico 5 rúas por mor das chuvias rexistradas esta madrugada


# Xoves, 25/02/2010


O Goberno Local, por decisión da Concellería de Protección da Comunidade, decidiu cortar ao tráfico as seguintes rúas, por mor das chuvias rexistradas esta noite na cidade:

- Serra de Meira
- Fervedoira con Ronda Norte (pista que vai As Gándaras)
- Rúa do Carmen (á altura do bar Pajón)
- Ponte do Mera (Orzabai)
- Vilaestévez (zona de Madeiras Besteiro).

A Concellería que dirixe José Rábade tomará novas medidas para a fin de semana que se anunciarán ao longo do día de hoxe.

O Goberno Local traballa para recuperar a normalidade nas zonas citadas e lamenta as molestias que se poidan ocasionar aos condutores que teñan que desprazarse.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova