Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pediralle mañá á Xunta que non realoxe máis familias de etnia xitana en Aquilino Iglesias Alvariño


# Xoves, 25/02/2010
* A Concelleira de Benestar Social e Igualdade manterá mañá unha reunión con Vivenda para tratar o asunto

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, manterá mañá unha reunión co persoal de Vivenda da Xunta de Galicia na que lles trasladará a oposición do Goberno Local ao realoxo de máis familias de etnia xitana na Rúa Aquilino Iglesia Alvariño.

Carmen Basadre incidiu en que o Concello non é competente nin ten capacidade para modificar o realoxo nos chabolistas na Rúa citada pero sí “estaremos ao lado dos veciños facendo que se cumpran os compromisos nos que se acordou que non ían ser realoxadas máis familias do Carqueixo en Aquilino Iglesias Alvariño”.

Carmen Basadre recordou que no seu día se chegou a un acordo entre o Concello, a Xunta e os veciños para non realoxar máis chabolista nesa rúa ante o elevado número de xitanos que xa foran aloxados na zona e co obxectivo de non crear guetos na cidade.

Así mesmo, a Concelleira explicou que quen intentou por todos os medios mellorar a situación dos potenciais realoxados foi o Concello de Lugo. Así, en 2004 envióuselle un escrito á Xunta no que se lle pedía que modificarán o sistema para que non todos os realoxados acabasen vivindo nun mesmo edificio.

Tamén explicou que “todos os veciños de Lugo puxemos cartos para mercar 15 vivendas e que todos os chabolistas non foran ao barrio da Ponte nin a Aquilino Iglesias Alvariño”.

Carmen Basadre explicou que “estamos a favor da legalidade -da que ninguén dubida- senón o compromiso establecido de non crear guetos na cidade, polo que a Xunta ten que aportar outra solución para o realoxo desa familia”, destacou.

Ademais, a Concelleira explicou que non existe ningunha vivenda en Aquilino Iglesias Alvariño na que haxa censadas 30 persoas senón que hai un número inferior a 20 aloxadas en 3 vivendas. En relación coa carencia de servizos destes veciños, Carmen Basadre deu conta de que non son veciños dependentes dos servizos sociais.

Na reunión que manterán con Vivenda a Concellería pedirá que se explique porqué unha familia vai ser realoxada en Aquilino Iglesias cando inicialmente foran destinados a un dos inmobles da Tinería.

Compromiso coa erradicación do chabolismo
Carmen Basadre destacou o compromiso do Goberno local coa erradicación do chabolismo e todos os esforzos neste sentido. Así, referiuse á presenza de dúas traballadoras sociais, dúas educadoras e unha animadora en Lamas de Prado, ademais, do punto de atención xuvenil e comunitaria onde hai apoio escolar e outras actividades, así como o asesoramento prestado ás familias xitanas no Centro de Convivencia Díaz Castro.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova