Imprimir

O CONCELLO DE LUGO SUSPENDE PARA MAÑÁ AS CLASES DAS ESCOLAS INFANTÍS POR MOR DO TEMPORAL


25/2/2010 A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro comunica que o Concello de Lugo tomou a decisión de suspender as clases das escolas infantís por mor do temporal.

O Goberno Local tomou esta decisión en función da información sobre o temporal e unha vez consultado e asesorados polos servizos de Protección da Comunidade e Medio Ambiente.

O Concello de Lugo pretende tomar todas as medidas que están na súa man para garantir a seguridade dos cidadáns e lamenta as molestias que esta decisión poida ocasionar.