O Concello de Lugo suspende para mañá as clases das escolas infantís por mor do temporal
# Xoves, 25/02/2010
A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro comunica que o Concello de Lugo tomou a decisión de suspender as clases das escolas infantís por mor do temporal.
O Goberno Local tomou esta decisión en función da información sobre o temporal e unha vez consultado e asesorados polos servizos de Protección da Comunidade e Medio Ambiente.
O Concello de Lugo pretende tomar todas as medidas que están na súa man para garantir a seguridade dos cidadáns e lamenta as molestias que esta decisión poida ocasionar.
Compartir: