Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo activa un dispositivo especial de reforzo de medios por mor do temporal de vento


# Xoves, 25/02/2010
* Os Concelleiros de Protección da Comunidade, Zona Rural e Infraestruturas xuntos cos técnicos acordaron desplegar un plan de emerxencias ante o temporal

* Suspendense tamén as actividades organizadas polas concellerías de Xuventude e de Servizos Sociais


Esta tarde reuníronse no Concello de Lugo os Concelleiros de Protección da Comunidade, Medio Ambiente e Zona Rural e o de Infraestructuras, xunto cos técnicos de cada unha das áreas e responsables das brigadas e un representante da Subdelegación do Goberno co fin de deseñar o operativo de cara a vindeira fin de semana, na que está decretado o nivel de alerta laranxa por mor de ventos que poden chegar a alcanzar velocidades de entre 110/120 km/h a partir da media mañá do sábado ate o domingo.

Nesta xuntanza acordouse a posta en marcha dun dispositivo especial de reforzo de medios humanos e materias por parte da Policia Local, de Protección Civil, Bombeiros, zona rural, servizos electromecánicos, parques e xardíns co fin de garantir a asistencia aos cidadáns e a resolucións dos incidentes que poida ocasionar o vento.

Como medidas de precaución, a Concellería de Protección da Comunidade poñerase en contacto cas empresas que teñen instaladas en diferentes puntos da cidade guindatres, lonas e estadas, co fin de informalas das medidas a seguir para evitar, na medida do posible, que se produzcan danos materiais e/ou persoais por culpa deste elementos.

A Concellería de Infraestructuras, pola súa banda, poñerase en contacto cas empresas que están a realizar obras na cidade co fin de informalas de que se adopten as medidas oportunas para a correcta suxección de vallas ou calquera outro elemento que poida causar danos.

Por parte da área de Medio Ambiente e Zona Rural decretouse o peche dos parque de Frigsa, Rosalía de Castro e Albeiros ( xa pechados dende hoxe a media mañá). Así mesmo, determinouse que na noite do venres o sábado NON se recollería o lixo, con fin de que o mesmo faga de elemento de peso e evitar que os contedores se movan do sitio. Unha das recomendacións nas que se fixo fincapé nesta reunión foi a de avisar os cidadáns de que se ven ou atopan un cable de subministro eléctrico non o toquen, xa que pode ter corrente e producirse un accidente. Esta precaución debe extremarse cara a noite. Se pensan que pode haber un cable de corrente o que deben facer e non achegarse e avisar de inmediato o 092 para dar conta.

Ademais, e como medidas de seguridade, vanse retirar as bicicletas do servizo de préstamo municipal.

Con respecto o corte da estrada de acceso a Orbazay pola ponte do Mera establécense os seguintes itinerarios alternativos, recordando o grave risco de afundimento que existe na mesma, polo que se solicita aos veciños da zona que respecten a sinalización de prohibición:

Poden ir pola ponte do Veral e Penarrubia
Por Ombreiro
Pola ponte da estación elevadora

Suspéndense tamén as actividades organizadas polas concellerías de Xuventude e de Servizos Sociais

Recomendacións á cidadanía
O Concello de Lugo aconsella a toda a cidadanía seguir as seguintes recomendacións por mor do temporal de vento anunciado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para os vindeiros días.

Se está na casa ou nun edificio:
- Retire todos os obxectos que poidan caer a rúa dos tellados, balcóns e fiestras.
- Peche e asegure ben as portas, as fiestras e as persianas (estas últimas nunca deben quedar a medio subir, pódese crear unha bolsa de aire no interior e rachalas).

Se está no exterior:
- Camiñe preto das fachadas dos edificios e vixíe no posible a caída de obxectos.
- Evite pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios e obxectos que poida derrubar o vento.

Se debe usar o vehículo:
- Circule con precaución e infórmese antes do estado das estradas
- Extreme as precaucións nos adiantamentos, sobre todo cando estes sexan a autobuses e camións, polo forte impacto do vento que se xenera
- Non utilice vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade (bicicletas, ciclomotores etc.)
- Se ten que deixar o vehículo na rúa, apárqueo nun lugar protexido do vento e ben inmobilizado.

SE TEN COÑECEMENTO DE CALQUERA INCIDENCIA DEBE COMUNICALO AO 092



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova