Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo conta con 200.000 euros para as axudas de instalación de terrazas, rótulos e fachadas de locais na zona Urban


# Venres, 26/02/2010
Terán prioridade as inversións en terrazas, así como as solicitudes das rúas San Marcos e Cantiño (onde se realizarán as actuacións integrais do Urban)

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron esta mañá as axudas a locais de negocio para o ano 2010 ás empresas da zona Urban para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas aos comerciantes da cidade.

Neste acto participaron varios comerciantes beneficiarios das axudas do 2009 e da Asociación de Hostaleiros de Lugo.

O Alcalde resaltou as actuacións levadas a cabo por algúns comerciantes do centro da cidade que “foron pioneiros e merecen o noso agradecemento xa que se preocupan pola cidade”, e engadiu, “queremos que Lugo estea nas mellores condicións de ornato e de presencia, polo que merece a pena que fagamos este esforzo xa que vai gañar o conxunto da cidade.”.

O obxectivo destas axudas é incidir sobre algúns aspectos que condicionan a paisaxe urbana das rúas máis comerciais do recinto histórico, concedendo financiamento a fondo perdido para a adquisición do mobiliario que se instale nas terrazas de hostalería para a instalación ou cambio de rótulos e toldos de locais de negocio e a remodelación de fachadas.

As axudas promovidas polo concello teñen tamén como obxectivo apoiar as actividades económicas ao tempo que mellora a paisaxe urbana.

Mantéñense as tres liñas de axudas de actuación de 2009 cun orzamento de 200.000 euros para o 2010.
- Liña A.- Mobiliario de terrazas de hostalería.
- Liña B.- Rótulos e toldos de fachada.
- Liña C: Fachadas

A novidade en canto aos beneficiarios é que se inclúen as galerías comerciais para a instalación de rótulos ou placas na vía pública. Poden solicitar a axuda a asociación dos comerciantes ou calquera dos establecementos sempre que sexa unha Peme.

Os importes das axudas:
- Mantéñense o 50% para as microempresas e pequenas empresas
- O 40% no caso de medianas empresas cos seguintes límites:
- Mobiliario de terrazas por importe máximo de axuda 25.000 euros. (increméntase de 10.000 a 25.000)
- Rótulos e toldos de fachada por un importe máximo de axuda de 4.000 euros.
- Fachadas por un importe máximo de axuda por metro cadrado de fachada de 300 euros (increméntase en 150 euros con respecto ao ano pasado).

As fases para resolver as solicitudes establécense nas seguintes datas:
- Primeira fase; 8 marzo de 2010
- Segunda fase: 21 de xuño de 2010
- Terceira fase: 30 de setembro de 2010

Preferencias: terán prioridade as inversións en terrazas, así como as solicitudes das rúas San Marcos e Cantiño (onde se realizarán as actuacións integrais do Urban).

Estas axudas están incluídas na iniciativa urbana Proxecto Urban que está a desenvolver o Concello de Lugo e que conta co 70% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional .

Datos 2009
Segundo as cifras rexistradas no ano 2009, foron 59 locais os que solicitaron algún tipo de axuda, dos que se concederon 42 por valor total de 53.076 euros.

O Alcalde resaltou aos propietarios dos locais que se adaptaron sen subvención do Urban, e que suman un total de 48.

No 2009 solicitaron información sobre as axudas 260 empresas, e 233 citáronse cun técnico de arquitectura na oficina do Urban.

Para máis información: www.lugo.es/urban.

Pode descargar o informe resumo de 2009 e novidades 2010 (arquivo PDF 6 MB)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova