Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo salienta a importancia que a posta en marcha da subestación de San Cibrao terá para o bo funcionamento do Novo Hospital


# Venres, 26/02/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá no acto de inauguración das instalacións da Subestación de San Cibrao, acto no que estivo acompañado, entre outros, polo presidente de E.ON España e Begasa, Miguel Antoñanzas e o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

López Orozco destacou que o día de hoxe “é moi importante para Lugo” porque coa inauguración da subestación de San Cibrao se continua o traballo das institucións públicas e privadas de modernización da cidade e das nosas infraestruturas.

Salientou a importancia que a enerxía xerada pola planta terá para o Novo Hospital, así como a importancia de acometer a segunda fase da Ronda Este con todos os servizos precisos e de forma que produza o menor impacto ambiental e as mellores facilidades para o suministro.

Na súa intervención, o Alcalde de Lugo puxo de manifesto o esforzo levado a cabo na zona polo Goberno local co obxectivo de “estar ao lado das grandes inversións que se fan na nosa cidade”. Neste sentido, recordou o esforzo feito polo Goberno local para acadar a construción do Novo Hospital baseado na cesión do terreo, a urbanización da parcela do Complexo Hospitalario Lucus Augusti, o soterramento da liña ou no achegamento da enerxía e na propia construción da subestación.

López Orozco agradeceu o traballo levado a cabo por todos os que contribuíron para que a subestación sexa unha realidade, “tanto ás empresas, como aos empresarios, as institucións e os propios traballadores”. Neste sentido, o Alcalde tivo unhas palabras especiais de agradecemento para Luis Santalla, encargado de Begasa en Lugo.

Así mesmo, unha vez foi posta en marcha a subestación, o Alcalde destacou a relevancia que ten que o Novo Hospital se inaugure “no menor tempo posible porque é unha gran necesidade para a nosa cidade e a nosa provincia”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova