Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os servizos municipais de emerxencias actuaron nunha vintena de incidencias por mor do temporal


# Luns, 01/03/2010
*O Concello activou o venres un dispositivo especial para previr posibles perigos para a poboación
*O Goberno Local agradece a colaboración de toda a cidadanía


O Concello de Lugo activou o pasado venres un dispositivo especial ante o temporal de vento e chuvia que previran os servizos meteorolóxicos.

Os servizos do Concello de Lugo acordaron a posta en marcha dun dispositivo especial de reforzo de medios humanos e materias por parte da Policía Local, de Protección Civil, Bombeiros, zona rural, servizos electromecánicos, parques e xardíns co fin de garantir a asistencia aos cidadáns e a resolucións dos incidentes que puidera ocasionar o vento. O Goberno de Lugo quere agradecer á cidadanía a súa colaboración coas medidas adoptadas ante o temporal.

Os servizos municipais atenderon ao longo da tarde do sábado as seguintes incidencias a causa do temporal:

- Calzada Gándaras, xunto ao campo de fútbol, bolsa de auga.
- Rúa Castro Gil con R/ Pontevedra, contedor volcado a causa do vento.
- Rúa Lamas de Prado 191, pino que pode caer.
- Camiño Real 90, caeron tellas sobre un vehículo.
-Rúa Progreso, antena televisión solta, interveu Policía de Barrio.
- Rúa Montefaro 1, saltou a tapadeira de caxetín de telefónica e soa a alarma, polo que se deu aviso ao servizo de avarías de telefónica.
- Na rúa Milagrosa 14, caeu unha cheminea sobre un andamio dunha casa abandonada.
- Na rúa Montirón con Virxe da Esperanza, un guindastre que se moveu moito.
- Estrada da Granxa 128, tellado que caeu sobre un vehículo, interveu a Policía de Barrio.
- Ronda do Carme con calzada da Ponte, uralitas soltas en fachada, interveu Patrulla Verde.
- Santo Grial 14, tellas e outros materiais na calzada, deuse aviso ao servizo de urbaser.
- Finca colindante á igrexa de Castelo, liña de electricidade, que ao moverse os cables producen moitas chispas. Avisouse ao servizo de avarías de Barras.
- Ronda do Carme 73, caeu unha farola de alumeado público, deuse aviso a Esicsa.
- Parroquia de Soñar 13, caeu unha árbore sobre o tendido eléctrico.
- Na rúa Ramiro Rueda 16, cheminea solta.
- Tinería 32, houbo unha cristalera que se caía, interveu a Policía de Barrio e os Bombeiros.
- Rúa San Roque fronte ao Eroski, caeron tellas.
- Na parte posterior do sanatorio de Calde, caeu unha árbore sobre o tendido eléctrico.
- No Barrio do Cuco en Conturiz 14, había un cable eléctrico colgando, deuse aviso aos servizos eléctricos municipais.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova