Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno Local reconstruirá a Ponte do Río Mera tras ser derrubada polo temporal


# Luns, 01/03/2010
* A Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural encargará un proxecto no que se delimite a actuación a realizar e o custo da obra

A Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural que dirixe Lino González Dopeso tomou a decisión de encargar un proxecto para reconstruír a Ponte do Río Mera tras ser derrubada polo temporal que afectou á cidade nos últimos días.

A Ponte do Río Mera ía ser ampliada con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local. A Concellería de Medio Rural estuda agora a posibilidade de modificar o fin deses fondos para que axuden a reconstruír a infraestrutura.

Así, o proxecto que vai encargar o Concello estimará o custo total da actuación para recuperar a ponte, así como os traballos concretos que hai que acometer para rehabilitala cos mesmos usos que viña prestando.

O Concello de Lugo lamenta as molestias ocasionadas aos que transitaban pola ponte e espera poder recuperala no menor tempo posible.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova