Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo promove a representación da obra "Neuras" da compañía profesional lucense Ónfalo


# Luns, 01/03/2010
* Sonia Méndez participou esta mañá na presentación da peza no Pazo de San Marcos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou esta mañá acompañada polo vicepresidente da Deputación, Antón Bao, no Pazo de San Marcos na presentación da obra de teatro ‘Neuras’, da compañía profesional Ónfalo.

Sonia Méndez destacou o importante papel de transmisores da cultura que teñen os grupos teatrais e felicitounos polo seu labor de difusión do propio e a prol da identidade galega e a lingua.

Así mesmo, referiuse á recuperación da antiga cárcere grazas ao Plan Urban como un “espazo para a reflexión e o desenvolvemento das artes e da cultura”. Un espazo que poderá converterse nun centro de creación artística que dea acubillo a novas compañías como Ónfalo.

Neste sentido, e en relación co seu departamento, salientou a importancia das compañías profesionais como xeradoras de emprego.

Esta obra representarase por primeira vez en Lugo no Auditorio Gustavo Freire o vindeiro xoves 4. Na presentación desta mañá estiveron tamén os co-directores da compañía Ónfalo, Ana Contreras e Alfonso Becerra.

No acto de presentación desa mañá no Pazo de San Marcos, o vicepresidente da Deputación explicou que “ademais de colaborar intensamente co teatro afeccionado a través do exitoso programa Buxiganga, a Deputación tamén apoia o teatro profesional lucense como unha parte importante da industria cultural propia que hai que desenvolver, porque ademais do seu valor cultural xera emprego e contribúe a dinamizar socioeconomicamente o territorio”.

Pola súa banda, o codirector da compañía Ónfalo, Alfonso Becerra, agradeceu o apoio dos colaboradores para levar a cabo a representación da obra “Neuras”, feito do que o propio Becerrea falou de “apadriñamento”, impulsando unha compañía que xurdiu co desexo de que na provincia de Lugo se faga bo teatro desde un enfoque profesional nas montaxes das pezas creando unha empresa estábel que xere emprego. Alfonso Becerra afirmou que as empresas culturais en Galicia supoñían o 2,5% do PIB, polo que recalcou que as administracións deben ter isto en conta e apoiar a cultura “nunha época de crise no que moitas empresas pechan e, porén, os teatros énchense”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova