Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo contrata a redacción do proxecto para a rehabilitación do antigo cárcere incluído no Plan Urban


# Mércores, 03/03/2010
* Este proxecto está financiado no 70% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno ven de aprobar a contratación do servizo de redacción do proxecto, proxecto arqueolóxico, dirección da obra e coordinación durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere de Lugo.

Este proxecto, incluído no Plan Urban, está financiado no 70% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Esta contratación contará cun orzamento de 250.000 euros, dos que o 55% corresponde á fase de redacción de proxecto e o 45% aos honorarios en fase de execución de obra.

O prazo para a presentación do proxecto básico e de execución que incluirá todos os estudos previos necesarios será de 2 meses e 10 días.

A Concelleira indicou “que a finais de ano poderían comezar as obras de rehabilitación que se realizarán en dúas fases, primeiro a parte traseira e despois a dianteira (onde está situada actualmente a sede da Policía Local )”. Méndez adiantou que xa se procedeu a apertura de ofertas na Mesa de Contratación para a execución do proxecto da nova sede da Policía en San Fiz que será adxudicada proximamente e que contará cun orzamento de 3.183.000 euros.

Lembrar que o edificio proposto por Creus e Carrasco pretende aproveitar ao máximo a idea de apertura ao público do cárcere, cambiando os principios de vixilancia e custodia en principios de busca e mostra de valores culturais e sociais. Os arquitectos propoñen unha compartimentación aberta, traballando cada un dos espazos de forma flexible con graos de apertura e intervención relacionados cos usos.

A interpretación realizada polos profesionais coruñeses permite intervir no edificio do antigo cárcere case sen tocalo aproveitándoo integramente, recuperando parte do seu estado orixinario, concibido agora como un itinerario entre espazos polivalentes dedicados á arte e á cultura.

O importe final desta actuación incluída dentro do plan Urban ascende a un total de 5.490.000 euros e conta cun prazo de execución de 18 meses.

Coa rehabilitación e aproveitamento deste edificio o Concello pretende incrementar a rede de equipamentos de edificios municipais para dar unha mellor resposta ás demandas da poboación, xerando novos espazos de encontro, ocio e relación, máis próximos ao cidadán, nunha zona neurálxica da cidade, as inmediacións da Muralla de Lugo e do seu centro histórico.

Máis Urban
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou tamén a apertura da contratación de servizos destinados á realización das verificacións previstas no artigo 13 do regulamento sobre as operacións encadradas no programa de iniciativa urbana Proxecto Urban.

A Concelleira explicou que terá como finalidade verificar a legalidade e regularidade das operacións encadradas no Proxecto de iniciativa urbana do Concello que son cofinanciadas nun 70% coas axudas do FEDER. Ademais, realizará labores de supervisión e mellora dos sistemas de xestión e control implantados polo Concello respecto do cumprimento das axudas europeas.

O orzamento máximo de execución de 25.000 euros.

Méndez indicou que “esta contratación responde ao interese do goberno local para que non se perda nin un euro das axudas da UE e garantir así a verificación administrativa e do terreo das actuacións que se están a levar a cabo”.

Licenzas
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a concesión de nove licenzas de obra e dunha licenza de primeira utilización.

Tamén se aprobaron as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura interina de prazas de vixilante recadador de prazas e mercados do Concello de Lugo que será publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova