Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos campións de España Sub 20 de fútbol sala e ao Campión de España de natación con discapacidade


# Mércores, 03/03/2010
Os xogadores do Azkar Lugo e Mauro Rodríguez recibiron un recordo da súa visita ao Concello

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e outros membros da Corporación municipal, recibiron esta mañá na Casa do Concello a un grupo de deportistas lucenses que resaltan polos éxitos acadados en diferentes campionatos a nivel estatal.

Os xogadores do Azkar Prone, Yago Miguez, Antonio e Jandri, campións de España, acompañados polo presidente do Club Manuel Vázquez, recibiron a felicitación do Alcalde por acadar o título de campións de España Sub 20 de fútbol Sala coa Selección Galega.

López Orozco, indicou que “estos resultados demostran como apostar polos xogadores da canteira supoñen un éxito seguro, e dando unha maior oportunidade aos máis mozos dentro do difícil mundo do deporte de élite”. O Alcalde resaltou o esforzo que realizan os xogadores, a súa disciplina e o seu compañeirismo, “uns valores que é necesario destacar na nosa sociedade, subliñando o seu estilo de vida como un modelo que podemos exportar para que moita xente se anime a practicar deporte”.

Campión e natación
O Campión de España de natación, Mauro Rodríguez, visitou tamén esta mañá a Casa do Concello.

O Alcalde resaltou o esforzo e duro entrenamento do deportista, polo que “esta recepción é unha homenaxe do Concello e de toda a cidade”.

López Orozco indicou que Mauro Rodríguez é exemplo para todos de superación, de cómo se pode acceder a grandes metas, de que o esforzo humano e a intención nunca teñen fin. O Alcalde afirmou ademais que “detrás dun rapaz así teñen que estar tamén uns pais moi especiais”.

Tanto o nadador como os xogadores do Azkar recibiron como recordo da súa visita unha réplica en miniatura da Mosqueira da Muralla de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova