Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo pídelle á Xunta colaboración para o mantemento das escolas infantís


# Xoves, 04/03/2010
* A Conselleira de Traballo comprometeuse a estudar todas as propostas realizadas por López Orozco

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo hoxe unha xuntanza coa Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na que lle pediu colaboración para o mantemento das escolas infantís. Así mesmo, ambos os mandatarios trataron sobre o Plan Concertado e o Plan de Inclusión, entre outros temas. Na reunión participou ademais, a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

López Orozco explicoulle á Conselleira que o Concello de Lugo conta con catro escolas infantís municipais, dúas das cales se porán en funcionamento nos próximos meses, previsiblemente no mes de outubro.

Neste sentido, o Alcalde de Lugo trasladoulle á Conselleira a necesidade de que o departamento que dirixe coopere no mantemento e nos gastos xerados polo funcionamento das mesmas.

A Conselleira de Traballo adquiriu o compromiso de buscar colaboración para o financiamento das dúas escolas de nova apertura, así como na que xa está aberta, posto que nunha delas xa presta a súa axuda.

Plan Concertado
Beatriz Mato avanzoulle ao Alcalde a decisión da Consellería de avanzar os fondos do Plan Concertado aos Concellos para que poidan acometer os investimentos con cargo ao mesmo.

O departamento autonómico está avaliando as cifras derivadas dos servizos prestados en dependencias como os centros de día, a axuda ao fogar, etc... para distribuír os recursos dos que dispón.

Outros asuntos
López Orozco trasladoulle á Conselleira a súa preocupación polas familias de etnia xitana que viven na cidade. Neste sentido, o Alcalde expresou o seu desexo de elaborar programa específcio dentro do plan de cooperación que a Conselleira se comprometeu a estudar a súa posible adhesión ao Plan de Inclusión autonómico.

A reunión desenvolveuse nun clima de coordialidade que levou ao Alcalde a convidar a Conselleira a visitar a cidade cando teña oportunidade. O Alcalde destacou o labor feito polo Concello na construcción e apertura de centros de convivencia tanto na cidade com no rural, aspecto polo que Beatriz Mato amosou o seu interese e admiración.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova