Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un curso de monitor de tempo libre para a mocidade


# Luns, 08/03/2010
O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de marzo

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, impartirá un novo curso formativo destinado á mocidade lucense e que nos últimos anos contou cunha gran demanda: o curso de monitores de tempo libre.

Esta actividade, destinada a persoas de entre 18 e 30 anos, conta cun total de 200 horas teóricas e 150 prácticas que se realizarán nas actividades organizadas pola Concellería.

O número de prazas será de 25. O curso terá un custe de 180 euros por persoa dos que 130 serán aportados polo Concello e 50 deberán ser aboados polos participantes en concepto de matrícula.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de marzo ás 19.00 horas, na Concellería de Xuventude.

Os cursos terán lugar os venres de 16:00 a 21:00 horas e de 9.00 a 14.00 e de 16:30 a 20:30 horas os sábados e os domingos, do 26 de marzo ao 6 de xuño.

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982 297 496 ou dirixirse á Oficina de información Xuvenil do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra entre ás 10.00 e as 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova