Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo entrega os premios Entre Mulleres e anima a continuar reivindicando a igualdade de dereitos entre xéneros


# Luns, 08/03/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os galardóns foron entregados a Ingapan, á presidenta da asociación ASPACE e á mediadora da Asociación de Promoción e Integración Xitana

O Concello de Lugo entrega os premios Entre Mulleres e anima a continuar reivindicando a igualdade de dereitos entre homes e mulleres
 
Carmen Basadre fixo entrega dos galardóns ao presidente do grupo Ingapan, José Manuel Chousa, á Presidenta de ASPACE, Maria Inés Pérez Veiga, e a mediadora da Asociación de Promoción e Integración Xitana, Rut León.
 
O Concello de Lugo fixo entrega hoxe dos premios Entre Mulleres, un dos actos que conmemora o Día Internacional da Muller. Os galardóns recoñecen o traballo feito por mulleres que dalgunha maneira contribuiron e contribuen á defensa da igualdade, do feminismo e dos dereitos das mulleres. 

Carmen Basadre destacou o papel dos galardoados como referentes da importante labor realizada a prol da igualdade. Uns premios que quixo facer extensibles a todas as mulleres que día a día loitan pola igualdade. Así mesmo, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade recordou que non está todo feito e animou a homes e mulleres a continuar reivindicando a igualdade de dereitos para ambos os sexos, con independencia do xénero. Neste sentido, referiuse á igualdade salarial, á concialiación da vida laboral e familiar e ao remate da discriminación.
 
 José Vázquez Portomeñe destacou a necesidade de "rachar coa cultura da desigualdade" ao tempo que puxo en valor a Lei do Traballo en Igualdade das mulleres de Galicia aprobada na pasada lexislatura polo Parlamento galego.
 
Unha Lei que, tal e como recordou, establece a igualdade en todos os planos: o social, o laboral, o político... Unha Lei que non debe esmorecer, posto que a igualdade é a esencia dunha sociedade democrática avanzada.
 
Pola súa banda, a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, felicitou aos homes e mulleres polo traballo que están desenvolvendo "na mesma dirección". Destacou que o traballo pola igualdade debe ser un traballo diario e felicitou ao Concello de Lugo polas iniciativas que ten posto en marcha para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.

Os galardoados

INGAPAN
O inicio desta aventura empresarial ten lugar en Lugo, no ano 1959, cando se funda a panadaría Chousa. Desde entón, este pequeno negocio de carácter familiar vai ampliando os seus horizontes ata que se consolidou en 1989 INGAPAN S.L compañía que pouco máis tarde se coñecería como unha das empresas punteiras no sector das masas conxeladas e da pasteleria.

As expectativas da segunda xeración da familia Chousa non se centraron exclusivamente no mundo da alimentación, senón que decidiron involucrarse noutros sectores.

A empresa caracterizouse por ofrecer de maneira continua calidade e innovación acorde aos tempos. A filosofía da compañía fundaméntase no bo facer e no servizo personalizado ao cliente.

Grupo INGAPAN está formado por un equipo de aproximadamente 440 traballadores, dos cales un 80% son mulleres e a media de idade sitúase ao redor dos 32 anos. Créanse e amplían departamentos en función das necesidades do mercado e especializando aos seus empregados en función do sector ao que se dedican.

María Inés Pérez Veiga
Maria Inés Pérez Veiga, esta casada e ten dous fillos, Raquel de 18 anos que estuda primeiro de carreira en Humanidades en Lugo e Miguel de 15 anos afectado con parálise cerebral. É celadora do hospital xeral de Lugo e desde o ano 2000 exerce como presidenta da Asociación ASPACE-Lugo.

Esta asociación naceu en Lugo no ano 1994 como reacción dun colectivo de pais preocupados polas carencias sanitarias existentes en canto a atención temperá. Constitúese co obxectivo de sensibilizar á administración e poder materializar os seus obxectivos: Promover o desenvolvemento integral dos nenos, remover obstáculos que dificulten a súa integración e apoio e información a pais e familiares.

Participa desde hai 4 anos no programa solidario "Vacacións en Paz" que desenvolve a asociación "Colabora con pobo saharauí" acollendo durante a tempada de verán a un neno saharauí.

Rut León Gabarri
Naceu en Lugo en 1983. É a menor de 5 irmáns, e pertence a unha gran familia encabezada por Antonio e Elvira, dúas persoas moi queridas por toda a comunidade xitana de Lugo.

Antonio é unha persoa de referencia na Igrexa Evanxélica e Elvira é unha muller adiantada aos seus tempos, é un referente para as mulleres xitanas da súa familia. Ambos inculcaron a Rut o respecto polo xitano e a apoiaron no seu camiño, sen renunciar a ser unha muller destes tempos.

Resultado do seu carácter rompedor, Rut comeza a dar os primeiros pasos no ámbito laboral, rompendo barreiras cara a súa comunidade e deixando claro que a muller xitana é capaz de labrar o seu propio camiño sen renunciar á súa identidade cultural. Disto é un gran exemplo Rut, e unha das causas polas que hoxe se lle entrega o Premio Entre Mulleres.

A labor realizada durante os últimos anos como mediadora intercultural na Asociación de Promoción e Integración Xitana ven a culminar esta loita, a favor do traballo realizado pola normalización da comunidade xitana, á que Rut sempre está orgullosa de pertencer.

A entrega de Rut vai máis aló dun traballo remunerado, dedicando parte do seu tempo ás tarefas de voluntariado. Sempre coa vista fixada en mellorar a imaxe que a día de hoxe tense todavía da comunidade xitana.Colabora activamente coa Fundación Secretariado Xitano, o Concello de Lugo, especialmente coa Casa da Muller, e con Taller de Solidaridade.

Rut León Gabarri é un exemplo de persoa, de muller e de xitana.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova