Cargando....
Concello de Lugo
23/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo reduce nun 28% o pago á empresa concesionaria do servizo de grúa municipal


# Mércores, 10/03/2010
A Xunta de Goberno revisou o prezo do contrato suscrito coa empresa encargada do servizo de control de estorniños e pombas

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo revisou esta mañá en Xunta de Goberno Local, segundo explicou a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, os prezos dos contratos suscritos coas empresas encargas do servizo de grúa municipal, de control de estorniños e pombas e con SOGAMA.

En canto ao contrato asinado con Cechalva SL, a empresa encargada do servizo de retirada de vehículos da vía pública e o seu traslado ao depósito municipal, para a actualización do contrato durante o período comprendido entre o 1 de decembro de 2009 e o 30 de novembro de 2010, queda establecido nun prezo de 529.429 euros, o que mensualmente supón 44.119 euros. A Concelleira explicou que “comparando o mes de xaneiro de 2009 co mes de xaneiro deste ano a cantidade a pagar polo Concello reduciuse nun 28%, o que demostra que as medidas implantadas na Policía local están a dar bos resultados e grazas a esta eficaz xestión do servizo redúcese o custo para o Concello”.

A revisión de prezos do contrato asinado con Locus Avis, S.L. supón un custo de de 11.776 euros para o servizo de control de estorniños e de 12.435 euros para o control das palomas.

A revisión de prezos solicitada pola empresa encargada da xestión e tratamento de residuos sólidos urbanos, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010, para a actualización do prezo de tratamento de residuos sólidos urbanos queda fixado en 51´51 euros por tonelada. Así desde o Concello estímase unha previsión de custo anual para o ano 2010 de 2.085.970 euros.

Por outra banda, a Concelleira anunciou que se procedeu á prorroga polo prazo dun ano do contrato coa empresa Arbitre polo concerto de 15 prazas para atención de persoas maiores dependentes en réxime de atención diúrna. Este contrato conta cun orzamento de 128.152 euros, o que supón un prezo mensual por praza de 711´96 euros.

A Xunta de Goberno aprobou, ademais, a concesión de 8 licenzas de obra e denegou unha, concedeu unha licenza de primeira utilización e declarou en ruína urbanística un inmoble sito no nº 4 da praza de Anxo Fernández Gómez.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova