Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello entrega os diplomas a 75 participantes no programa Lugo, Emprego Activo dentro do plan de laboral municipal


# Mércores, 10/03/2010
Na seguinte fase serán 150 os beneficiarios das diferentes accións formativas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, fixeron entrega esta mañá dos seus diplomas aos paticipantes en cinco dos cursos do programa Lugo, Emprego Activo que seguiron os seguintes intinerarios:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio ( 450 horas )
- Auxiliar de enfermería en hospitalización ( 675 horas )
- Instalador de equipos e sistemas de comunicación ( 690 horas )
- Electricista industrial ( 610 horas )
- Procesador de cátering ( 500 horas ).

En total participaron 75 persoas, 15 por cada itinerario, que recibiron unha formación parte teórica e parte práctica en empresas. Ademais, os participantes realizaron obradoiros de formación transversal en habilidades sociais, hábitos laborais, novas tecnoloxías, medio ambiente, igualdade de oportunidades, loita contra la discriminación e busca de emprego. Nesta primeira fase participaron un total de 150 persoas, polo que ao final do desenvolvemento deste plan municipal serán 300 os participantes.

Unha vez rematados os cursos teóricos e prácticos, os participantes continuarán beneficiándose do plan de emprego municipal nunha fase de intermediación laboral para conseguir a súa inserción profesional.

Nestes momento se está a rematar a selección dos 150 beneficiarios e beneficiarias da segunda fase deste proxecto, na que se impartirán as accións formativas seguintes:

- Coidador/a de persoas discapacitadas físicas e psíquicas
- Atención especializada para persoas enfermas de alzheimer
- Axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada
- Técnico/a en transporte sanitario
- Monitor/a de educación ambiental
- Técnico/a de sistemas de enerxías renovables
- Mantemento de aire acondicionado e fluídos
- Operador/a de estacións depuradoras de augas residuais
- Operario/a de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica
- Técnico/a en recuperación de espazos degradados

O proxecto
O Concello de Lugo continúa a realizar unha forte aposta en políticas de fomento do emprego, para tratar de paliar os efectos da crise entre os lucenses. Ademais de incentivar a implantación de empresas, conxelar impostos e reactivar o traballo en sectores con dificultades mediante a contratación de obra pública, o equipo de Goberno está a por en marcha programas de formación e reciclaxe de persoas en paro.

Lugo Emprego Activo é un programa cuxo obxectivo fundamental reside na inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego. Diríxese a aqueles colectivos que contan con maiores dificultades como poden ser as minorías étnicas ou as persoas con discapacidade, entre outras.

Os participantes no proxecto contarán cunha beca para desenvolver a súa oferta formativa.

Os beneficiarios do proxecto entran a formar parte dun itinerario integral e personalizado de inserción sociolaboral no que desenvolverán:

1. Formación teórico práctica: encamiñada a desenvolver as capacidade e acadar un nivel axeitado de coñecementos para a inserción no mercado laboral.

2. Prácticas en empresas. As persoas participantes poderán poñer en práctica os coñecementos acadados para unha maior adaptación ás demandas das empresas.

3. Titorización e seguimento personalizado. Durante todo o proceso os beneficiarios disporán dunha orientación personalizada e dun seguimento continuado por parte do equipo técnico do proxecto.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova