Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o II Plan Estratéxico de Subvencións que destina 3.249.650 euros ás asociacións para realizar actividades de utilidade pública


# Xoves, 11/03/2010


Imaxe Asociada

* O Alcalde de Lugo deu conta do plan destacando a democratización das axudas e a maior participación dos beneficiarios na vida do Concello
* O Goberno Local reúnese desde hoxe cos potenciais beneficiarios para explicarlles o contido das axudas e aclararlles as dúbidas que poidan ter



O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Deportes, Servizos Xerais, Benestar e Igualdade e Economía e Emprego, presentou hoxe o II Plan Estratéxico de Subvencións que destina 3.249.650 euros a favor de persoas, asociacións ou entidades privadas ou públicas coa finalidade de fomentar a realización de actividades de utilidade pública ou interese social ou para promover a consecución de fins públicos atribuidos á competencia local.

O Alcalde destacou o labor das asociacións na construción da cidade, ao tempo que remarcou que sen estas axudas que parten dos orzamentos municipais moitas das actividades que desenvolven os beneficiados non se poderían facer.

Así mesmo, López Orozco puxo en valor o esforzo levado a cabo polo Equipo de Goberno en relación con estas achegas, posto que permiten “a democratización e unha maior participación na vida do Concello destas entidades, así como a posibilidade de que se sumen novas organizacións”.

López Orozco resaltou que se trata dun fondos “moi ben empregados” dos que se realiza un completo e exhaustivo control en relación coa xustificación que teñen que facer os beneficiarios da subvención.

“Un diñeiro que axuda a levar o nome de Lugo polo mundo enteiro a través dos clubs deportivos e as diferentes asociacións e que colabora no fomento do deporte, o turismo, a participación cidadá ou a igualdade na cidade”.

Beneficiarios
Neste sentido, López Orozco explicou que as subvencións atenderán ás materias de deportes, cultura, turismo, educación, xuventude, muller, servizos sociais, participación cidadá, promoción de emprego e industria, zona rural, urbanismo-rehabilitación, alugueiro de vivendas e accesibilidade e saúde.

Con motivo da próxima convocatoria de subvencións para asociacións e entidades sen ánimo de lucro, haberá diferentes xuntanzas cos interesados para dar conta do borrador das bases e aclarar as posibles dúbidas que poidan xurdir.

Así, a primeira delas levarase a cabo hoxe ás 19,30 horas e terá como destinatarios as asociacións de veciños. O día 12 convocaranse ao resto de asociacións de 10,30 a 12 horas e de 12,30 a 14,00 horas. Ambas as xuntanzas desenvolveranse no salón multiusos da nave das asociacións no Parque da Milagrosa.

Achegas segundo as materias

Subvencións en materia de Deportes
O custe estímase por un importe total de 865.000,00 €:

Subvencións en materia de Cultura
O custe estímase por un importe total de 282.080,00 €

Subvencións en materia de Turismo
Dotación anual 284.000,00 €

Subvencións en materia de Educación
O custe estímase por un importe total de 22.800,00 €:

Subvencións en materia de Xuventude
O custe estímase por un importe total de 11.500,00 €:

Subvencións en materia de Muller
O custe estímase por un importe total de 26.500,00 €.

Subvencións en materia de Servizos Sociais
O custe estímase por un importe total de 514.600,00 €

Subvencións en materia de Participación Cidadá
O custe estímase por un importe total de 118.170,00 €

Subvencións en materia de promoción de emprego e industria
O custe estímase deste capítulo, incluíndo o PLAN URBAN, ascende a un importe total de 366.000,00 €

Subvencións en materia de Zona Rural
O custe estímase por un importe total de 21.000,00 €

Subvencións en materia de urbanismo - rehabilitación
O custe para a anualidade 2010 estímase nun importe total de 538.000 €

Subvencións en materia de alugueiro de vivendas e de accesibilidade
O custe estímase por un importe total de 149.000,00 €

Subvencións en materia de saúde
No eido da protección da salubridade pública, competencia municipal dacordo co previsto no artigo 25.2h) da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local considerase de interese apoiar a labor social da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo.

O custe total das axudas ascende a 51.000,00€

Control e avaliación do Plan
A Concelleira de Economía levará a cabo o control do cumprimento do presente Plan durante o seu período de vixencia. Durante o primeiro trimestre de cada ano a Concelleira de Economía presentará un informe ante a Xunta de Goberno Local no que se avalíe a execución do Plan.

Documento asociado: II Plan Estratéxico de Subvencións (arquivo PDF)


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova