Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo un dos premiados pola asociación de Escritores en Lingua Galega por manter vivo o Premio Blanco Amor de Narrativa


# Xoves, 11/03/2010


Imaxe Asociada
A Concelleira de economía e Emprego foi a encargada de recoller o galardón Os Bos e Xenerosos


A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe “Os Bos e Xenerosos”, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.

No 2010, á súa sétima edición, dedicouse ao colectivo de Concellos que manteñen vivo o “Premio Blanco Amor de Narrativa”, que naceu no 1981 e supuxo un antes e un despois no desenvolvemento da noso xénero narrativo e que mantén unha vitalidade referencial. O Concello de Lugo é un dos 77 concellos que organizan este certame narrativo e que ano tras ano conta cun maior número de participantes, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, foi a encargada de recibir o galardón en nome da cidade.

O Premio Blanco Amor de Narrativa é organizado anualmente por un dos Concellos que o apoian, e a Asociación de Escritores en Lingua Galega contou no acto de homenaxe coa presenza de representantes dos Concellos que ao longo dos anos fixeron deste premio un dos máis prestixiosos da literatura galega.

A Asociación de Escritores entregou a cada un dos Concellos un Diploma de agradecemento pola súa inestimable contribución ao mantemento desta iniciativa. Así mesmo, entregou ao Concello de Poio, que está ao cargo da actual edición, unha peza escultórica na que se gravaron os nomes dos Concellos aos que lles correspondeu ata a actualidade organizar o Premio. Esta escultura irase pasando ao seguinte Concello organizador.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova