Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco destaca o "labor inestimable e compromiso co traballo pola cidade" de Concepción Burgo


# Xoves, 11/03/2010
* A Concelleira anunciou hoxe a súa renuncia no Goberno local para incorporarse de pleno ao Parlamento galego onde asumirá novas competencias en materia de cultura, lingua e educación


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
* A Concelleira destaca que desde o Parlamento seguirá traballando pola cidade coa maior forza posible


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, compareceron hoxe en rolda de prensa para dar conta da renuncia da acta de Concelleira no próximo Pleno municipal, que previsiblemente se celebrará o día 5 de abril.

Na súa intervención, o Alcalde de Lugo destacou a inestimable labor da edil e o seu compromiso co traballo pola cidade, “un traballo que seguirá prestando desde o Parlamento galego”.

Así mesmo, explicou o acordo tomado polo Partido Socialista mediante o cal a unha persoa lle corresponde un cargo. “Chegou o momento de levar a bo termo ese acordo”, expuxo López Orozco. Deste xeito, Concepción Burgo pasará a asumir novas responsabilidade no grupo parlamentario socialista de Galicia onde desenvolverá competencias en materia de cultura, lingua e educación.

López Orozco indicou que o Partido considerou que Concepción Burgo lle pode render un maior servizo á sociedade desde o Parlamento de Galicia, polo que no próximo pleno renunciará á súa acta de Concelleira, posto que pasará a exercer Nuria Mundiña.

O Alcalde destacou que Concepción Burgo seguirá servindo aos intereses da cidade de Lugo desde o Parlamento. Así, fixo un balance do seu traballo que resumiu en tres puntos. Dun lado, referiuse á consecución dun dos obxectivos de Goberno: facer unha cultura de calidade e que non significase elitista. Unha cultura da que Lugo pode presumir e da que participan a maioría dos lucenses. Neste sentido citou proxectos como os convenios coas Caixas, as semanas de teatro ou a da maxia “das que podemos presumir”.

En segundo lugar, explicou que a Concelleira foi quen de aunar as áreas de cultura e turismo. “As festas do San Froilán téñense convertido nunha fonte de coñecemento de de ingresos moi importante para a cidade”, subliñou.

En terceiro lugar, López Orozco salientou o labor da Concelleira por ser quen de que Lugo tivera un plan estratéxico de turismo que fixo que a cidade estea no mapa aumentando o número de visitantes. “Conseguiu que sexamos un destino turístico de calidade”, remarcou.

Entre as súas contribucións citou ademais as melloras e proxectos acometidos na Praza do Campo, o Museo da Rúa Doutor Castro, o Museo de San Roque ou o traballo universitario.

Relevo
López Orozco avanzou que a persoa que sucederá a Concepción Burgo á fronte da Concellería será a economista Nuria Mundiña. O Alcalde definiuna como unha persoa “con ilusión e ánimo que está disposta por continuar o traballo iniciado pola parlamentaria facendo todo o posible por melloralo”.

Etapa enriquecedora
Pola súa banda, a Concelleira Concepción Burgo explicou que “se trata dun momento moi emocionante que pon fin a unha etapa moi enriquecedora”.

Así mesmo, agradeceu o apoio a todos os que fixeron posible esta etapa, “tanto aos medios de comunicación como ás asociacións, entidades financeiras, cidadadáns...”

Por último, destacou que “seguirá traballando por Lugo coa maior forza posible”. “Creo que colaborei na posta dun ladrillos para unha construción común e para facer unha cidade mellor e sigo quedando á disposición de todos para continuar ese traballo”, concluíu.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova