López Orozco participou na apertura de Salonauto onde fixo un percorrido para coñecer ás novidades da feira
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe na apertura do Salón do Automóbil e Industria Auxiliar, Salonauto, desexándolle o maior dos éxitos e a súa continuidade. Neste sentido, expresou o interese do Goberno Local de seguir colaborando co evento.
Destacou a importancia de que se celebre un evento destas características nunha época de crise para fomentar a competencia entre as marcas e os diferentes empresarios do sector. “Competir en calidade, en servizos, en boas prácticas, como os bos empresarios saben facer”, destacou.
O Alcalde analizou o momento de incertidumbre polo que pasa o sector pero animou aos empresarios a non esconderse ante os malos tempos, pois confía en que a mala situación pasará.
Expresou o seu desexo que de acuda moita xente, así como do bo produto que ofrece a cidade e a provincia e dos empresarios lucenses. Animou á compra de calidade e responsable para axudar a un sector como o automobilísitico con gran importancia.
O Alcalde de Lugo participou hoxe na inuaguración do Salón do Automóbil que se celebrará do 12 ao 14 de marzo e contará coa presenza de 34 firmas automobilísitcas.
A organización deste evento monográfico do motor corre a cargo da empresa Eventos del Motor, a mesma que desde hai 19 anos pon en marcha o Salón do Automóbil de Vigo, entre outros moitos salóns do país.
O visitante pode visionar de primeira man e nunha superficie única desde vehículos de luxo ata propostas máis urbanas e de utilitario das marcas de referencia no mercado automobilístico.
López Orozco, por petición dos organizadores, aproveitou a súa visita ao Salón para coñecer unha das novidades máis importantes do evento: o último Ferrari saído da factoría de Maranello, o 458 Italia. Así mesmo, o Alcalde visitou o simulador instalado no Salón por Nupel.