Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PRESENTA O LIBRO HEBDOMANA SANTA DE EDUARDO OCHOA


15/3/2010 A publicación recolle 50 fotografías da Semana Santa Lucense

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, participaron esta tarde na presentación do libro Hebdomada Santa Lugo do fotógrafo lucense Eduardo Ochoa.

Trátase dunha publicación que recolle unha colección monotemática de fotografías sobre a Semana Santa lucense que conformou a exposición do artista que baixo o mesmo título realizou en 2009.

O libro engloba unha impresionante colección de 50 fotografías sobre a Semana Santa que o artista lucense foi elaborando ao longo dos anos que leva colaborando coa Xunta de Confrarías da cidade e coa Concellería de Cultura e Turismo.

Ochoa pretende reflectir con esta obra a riqueza da Semana Santa de Lugo. O obxectivo é facer unha homenaxe aos elementos que fan único a este festexo gracias a obra do fotógrafo que logrou captar con acerto a beleza, o impacto visual e a plasticidade desta manifestación relixiosa.

O autor
Eduardo Ochoa ten participado en múltiples exposicións en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo, Murcia, Zarautz, ... así como recibido numerosos premios.

O fotógrafo lucense publicou nos catálogos da Primeira e Segunda Fotobienal de Vigo, O Mar, Oralles no tempo, outono Fotográfico, primeira Bienal Lucense, Univerfoto, Estruturas, Ourense en pé de foto, Olladas, etc...

As súas fotos foron collidas para portadas de libros, discos, postais, así como numerosos carteis.

Foi o director das cinco mostras fotográficas organizadas en Lugo e dedicadas sucesivamente á temática libre, a paisaxe, o retrato, o nu e a arquitectura..

No ano 2000 a súa obra foi recollida na colección Fotógrafos fin de milenio. Fotógrafos de España. Nos 2007 foi un dos fotógrafo seleccionados para a realización do Calendario de Caixa Galicia e no 2009 un dos escollidos pola Dirección Xeral de Patrimonio para a realización do proxecto Cámara barroca.
Entre as súas principais exposicións individuais están: Ecuacións (A Coruña, 1988), deriva (Ourense, 1999), Miradas (Lugo, 2002), Arborescencias (Lugo, 2005), Inminencias (Ferrol, 2007) e Diáspora (Lugo, 2007).