Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Caixanova presentan unha completa programación cultural para o primeiro semestre do ano


# Martes, 16/03/2010
* Teatro, danza, música e actividades para escolares e familias engloban a iniciativa

Imaxe Asociada
* O Alcalde coñeceu onte en Madrid o proxecto do novo Auditorio de Lugo

O Concello de Lugo e Caixanova presentaron esta mañá un completo programa cultural para o primeiro semestre do ano, dirixido a diferentes públicos e potenciando especialmente as iniciativas orientadas aos máis novos.

O Concello de Lugo e a entidade Caixanova asinaron hoxe senllos convenios de colaboración para potenciar actividades e iniciativas culturais que contribúan ao desenvolvemento social da cidade. As actividades serán financiadas ao 50% por cada unha das partes.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, resaltou “ a gran colaboración que dende Caixanova se está a ofertar á cidade cunha gran aposta pola calidade cultural con este convenio que trae á cidade espectáculos que congregan a un bo número de persoas”.

Entre as propostas presentadas destaca o concerto de Ano Novo coa Orquestra Sinfónica de Bucarest, cun programa con vals e polcas da familia Strauss, que contou ademais coa presenza de Cristian Horea como director musical.

A proposta de danza fará unha homenaxe ao Centenario da morte de Marius Petipa, un dos grandes xenios da danza de todos os tempos. A gala de danza na cidade contará coa presenza de Laura Hormigón e Óscar Torrado, estrelas do ballet internacional e primeiras figuras do Ballet Esratal do teatro da ópera de Bashkirian e do Ballet do teatro da Ópera de Sofía.

Amparo Larrañaga, José Luis Gil e Siego Martín, protagonizarán “Ser o no ser”. Trátase dunha das obras mestras do cine mundial. Escrito como unha premonición da invasión de Polonia por parte do exército nazi, que foi confirmada plenamente pola historia, conta a axetreada existencia dunha compañía teatral durante ese período.

Os alumnos dos colexios da provincia de Lugo poderán disfrutar os próximos meses dun amplo programa de actividades que o Concello de Lugo e Caixanova organizaron para este curso escolar.

Este programa está especialmente estudado, pensando no disfrute e a formación dos alumnos da provincia. No mes de maio representarase a obra de teatro “El gusanito que quería volar”.

Programación

X MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO

XANEIRO, 31
¿DE CUANDO ACÁ NOS VINO? de Lope de Vega
COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO CLÁSICO

FEBREIRO, 1
EL EVANGELIO DE SAN JUAN
RAFAEL ÁLVAREZ “EL BRUJO”

FEBREIRO, 3
EL CABALLERO DE OLMEDO de Lope de Vega
TEATRO CORSARIO

FEBREIRO, 4
EL SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO de William Shakespeare
UR TEATRO

FEBREIRO, 6
EL MERCADER DE VENECIA de William Shakespeare
DAREK TEATRO

FEBREIRO, 7
MISTERIO DE CRISTO DE LOS GASCONES
NAO D’AMORES

ACTIVIDADES DIDÁCTICAS

XANEIRO, 19
EL CHICO
Cine escolar

MARZO, 2
EL PLANETA DEL TESORO
Cine escolar

ABRIL, 13
KIRIKÚ Y LAS BESTIAS SALVAJES
Cine escolar

MAIO, 24 E 25
EL GUSANITO QUE QUERÍA VOLAR
Gurdulú Teatro

ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

MARZO, 23
SER O NO SER de Melchor Lengyel
Dirección: Álvaro Lavín
Con Amparo Larrañaga, José Luis Gil, Carlos Chamarro, etc.

ABRIL, 23
LA FIESTA ESCÉNICA
CIRCO GALTÜK

MAIO, 9
CENTENARIO PETIPA
Dirección: LAURA HORMIGÓN – ÓSCAR TORRADO

XUÑO, 10
GLENGARRY GLEN ROSS de David Mamet
Con Gonzalo de Castro, Ginés García Millán, Carlos Hipólito, etc.


Novo Auditorio
Por outra banda, o Alcalde indicou que onte foi invitado polo Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, a ver o proxecto do Auditorio de Lugo que está a desenvolver o equipo de arquitectos que resultou gañador do concurso para a súa elaboración.

O Alcalde resaltou que “este proxecto cumpre ao pé da letra co que establecían as bases do concurso”. Conta con dúas salas para 300 e 900 persoas respectivamente, dous aparcadoiros para 300 vehículos, unha sala de usos múltiples, oficinas, unha sala de exposicións, etc.

López Orozco indicou que o equipo redactor deberá entregar o proxecto na Consellería o día 25 para que proceda á facer as xestións para a súa licitación.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova