Imprimir

O CONCELLO DE LUGO BRINDARÁ UN MINUTO DE SILENCIO DURANTE A VINDEIRA PROBA DO CORRE CON NÓS POLO FALECEMENTO DO ATLETA JULIÁN BERNAL MEDINA


16/3/2010 En conmemoración do seu participante máis veterano do circuíto lucense gardará un minuto de silencio na saída do sábado 20 de marzo

O Concello de Lugo quere mostrar a súa sinal de dolo polo recente falecemento do veterano atleta Julián Bermal Medina e convocará un minuto de silencio ao comezo da vindeira proba do circuíto de carreiras populares Corre con Nos que terá lugar o vindeiro sábado 20 de marzo na estrada do río Rato.

Julián Bernal Medina (Sotragero, Burgos, 1919) foi un ferrolán de adopción que un día calzou unhas zapatillas, votou a correr e xa non se detivo… ata hoxe, que faleceu á idade de 91 anos.

Bernal Medina foi un asiduo participante del circuíto de carreiras populares de Lugo desde os seus comezos e participante en múltiples carreiras ao longo de toda Galicia e da Península.

O Concello de Lugo quere transmitir con este minuto de silencio todo o seu apoio neste momento tan duro á súa familia e amigos.

deportes.lugo.es