Imprimir

O CONCELLEIRO DE INFRAESTRUTURAS SUPERVISA O INICIO DAS OBRAS DE REPARACIÓN DA PONTE SOBRE O MERA


16/3/2010 O prazo execución preciso para a realización da actuación será dun mes

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, desprazouse esta mañá ata a Ponte sobre o Mera para supervisar o inicio dos traballos de reparación da infraestrutura, danada a raíz das choivas dos últimos meses.

José Piñeiro visitou o terreo e mantivo un encontro coa empresa encargada de acometer a rehabilitación e recuperación da Ponte de cara a coñecer o estado da mesma e os traballos a desenvolver nos próximos días.

Os efectos causados polas choivas obrigaron ao Concello á urxente reparación da Ponte ante a situación de emerxencia, así como a definir as actuacións precisas para acadar a reparación.

Antes de pechar a ponte ao tráfico, o Concello xa tomara a decisión de reducir a un carril de circulación a calzada por mor dun blandón no firme.

As actuacións que se van levar a cabo son:
1. Desvío do caudal da canle principal polos dous ollos secundarios de xeito que a zona de traballo quede en seco
2. Eliminar a vexetación máis próxima á ponte
3. Retirar o pavimento que quedou sobre os restos da bóveda
4. Demoler os restos da bóveda
5. Nivelar e rasantear a zona de apoio do marco
6. Construción dun muro de manpostería
7. Extensión da capa de solo
8. Reposición da varanda nos tramos afectados

O prazo de execución preciso para a realización da obra será dun mes. O presuposto de execución por contrata ascenderá a 114.187 euros.