Cargando....
Concello de Lugo
28/09/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo será a primeira das grandes cidades en poñer en marcha o rexistro electrónico


# Mércores, 17/03/2010


A vista das declaracións efectuadas polo PP sobre a Administración electrónica no Concello, e ante as inexactitudes contidas nas mesmas, o Goberno Local quere facer as seguintes puntualizacións:

- Neste momento, a Ordenanza de Administración electrónica do Concello pola que se crea o Rexistro electrónico e se definen os trámites e procedementos que se poderán realizar electrónicamente, está aínda no seu trámite final, motivo polo cal non pode entrar en funcionamento o Rexistro electrónico e, consecuentemente tampouco os trámites e procedementos que están recollidos nesta.

- Son 140 os procedementos cos que se está a traballar na actualidade (estudo administrativo, optimización e posterior modelado para a súa tramitación electrónica) e non 71.

- Deles, os que están recollidos no Catálogo de procedementos para iniciar a súa progresiva implantación son os seguintes, que se tramitarán electrónicamente na súa totalidade: Licenza de obra maior, Licenza de obra menor, Primeira Utilización, Aliñacións e Rasantes, Certificado de empadroamento individual, certificado de empadroamento colectivo, certificado de empadroamento co histórico do habitante, certificado de empadroamento específico para os consulados, certificado de empadroamento de persoas falecidas, volante de empadroamento individual, volante de empadroamento colectivo.

- Ademais destes procedementos, a cidadanía poderá efectuar determinados trámites como son o aboamento de recibos, a presentación de solicitudes como a de subvencións para asociacións, acceso á carpeta cidadá, actividades deportivas, actividades de servizos sociais e alta no rexistro de animais perigosos.

- Establécese, xa que logo, a diferenciación entre procedemento, no que a tramitación será electrónica na súa totalidade, e o trámite, no que só se poderá realizar a actuación administrativa concreta como aboamentos, consultas ou presentación de solicitude, sendo o resto da tramitación mixta.

O traballo que se está a realizar neste Concello con relación á implantación da Administración electrónica, é arduo e moi importante. O Goberno Local lamenta que o que se inverte en infraestruturas, en sentar as bases para construír, non se ten en conta, non é visible para os ollos alleos, que só andan á busca do erro ou das imperfeccións.

- Neste sentido téñase en conta que o Concello de Lugo está situado nos primeiros postos no camiño cara a implantación da Administración electrónica nos Concellos de Galicia. De feito, será o primeiro dos Concellos de máis poboación de Galicia en poñer en funcionamento o Rexistro electrónico.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova