Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco e Gómez Besteiro supervisaron as actuacións levadas a cabo na parroquia luguesa de San Xoán do Campo


# Xoves, 18/03/2010
* A Deputación inviste case 300.000 euros nas Comunidades Veciñais do Concello de Lugo

* A esta contía súmanse os 1.500.000 euros investidos polo Concello de Lugo na parroquia nos últimos anos
* O titular do organismo provincial subliñou que “o Alcalde é capaz de ilusionarnos a todos para sacar adiante grandes obras das que xa non se falan porque se están facendo, pero tamén pequenas coma estas”
* Dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos, as máquinas da Deputación iniciaron a limpeza de estradas municipais desta zona

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, supervisaron este xoves as obras que recentemente executaron no Concello lugués con cargo ó Plan de Comunidades Veciñais. A iniciativa da Deputación permitiu durante o período 2008-2009 acometer actuacións por valor de 530.000 euros, dos que o organismo provincial subvencionou preto de 300.000, é dicir, o 60% do total, e os colectivos o 40% restante.

O titular do organismo provincial destacou “o papel do Alcalde, que é capaz de ilusionarnos a todos para sacar adiante grandes obras das que xa non se falan porque se están facendo, como a ponte sobre o Miño ou as autovías, e outras pequenas coma estas onde, dende logo, volvemos sumar todos. Quen crea que o Alcalde non é capaz de reinventar Lugo, equivócase”.

Gómez Besteiro salientou o esforzo económico que están sumando Deputación e Concello con iniciativas comúns coma o Plan Urban, a UNED, a programación de Lugo 10, varios programas europeos ou outros dirixidos ós autónomos e ás PEMES, como o exitoso programa anti-crise Lugo Compite+ con todas as prazas esgotadas en poucas horas.

O Presidente e o Alcalde, acompañados polos veciños, comprobaron in situ as melloras realizadas na Capela e no cemiterio desta parroquia logo de recibir unha subvención de 12.000 euros, o máximo que se concede no Plan de Comunidades Veciñais. A axuda da Deputación permitiu acometer obras por valor de 36.000 euros.

O Presidente e o Alcalde tamén visitaron nesta zona o inicio dos traballos das máquinas do Parque Móbil da Deputación. Dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos, o organismo provincial desprazou a San Xoán do Alto unha motoniveladora, unha pala cargadora e un camión para a limpeza das estradas municipais.

Pola súa banda, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou a importancia das actuacións levadas a cabo polo Goberno Local na Parroquia de San Xoán do Campo nos últimos 10 anos que ascenden a un orzamento de 1.500.000 euros.

López Orozco salientou a cooperación establecida coa Deputación de Lugo tanto en zona urbana como na zona rural “o que nos permite que os veciños conten cos mesmos servizos e coa mesma calidade de vida independentemente do lugar no que vivan”.

Neste sentido, referiuse o investimento que o Concello está a realizar na zona rural “co obxectivo de que o centro, os barrios e as parroquias de Lugo vivan nas mellores condicións”.

Entre elas, referiuse ao asfaltado de pistas tales como: desde Birbigueira á pista de Vilachá, asfaltado da pista da Cambra, asfaltado da pista dende Verín a Portoganoi, acondicionamento e asfaltado de 3 pistas en Belesar, asfaltado en 2 pistas de Argonde, asfaltado do entorno e pista no Núcleo de Silva, e á ampliación e asfaltado en pista Dos Casas.

Así mesmo, recordou a cooperación con maquinaria e materiais en traídas de auga potable na zona de Lamaboa e Os Casas, o arranxo da Escola hoxe convertida en Centro de Día, o arranxo do campo da festa e o seu entorno en colaboración coa Deputación.

Tamén citou outras actuacións:
- Adecuación de espazo para recollida de plásticos.
- Adecuación de fontes, a anexa ao campo da festa, así como o seu manantial.
- Adecuación de fonte e abrevadoiro en Belesar así como o entubado das augas diste.
- Sinalización de ubicación e dirección de toda a parroquia así como a colocación de varios espellos para facilitar visibilidade.
- Arranxo de firmes flexibles tipo Zahorra en pistas tales como Mirio, dende ista a Outeiro e dende a mesma dirección A Piqueira, en Belesar, dirección Outeiro, en A Birbigueira, nas inmediacións a Capela ¿San Roque? Acceso ao depósito de plásticos.
- Reparación de tubos en rego de Birbigueira así como a construcción de varias taxeas.
- Rexeneración de pavimento en aglomerado en quente das pistas de Argonde a Sta. Marta de Fixós e da de Piñeiro a C.P. 29-16 (FEIL)

Ademais destas obras, desde o Concello de Lugo procedeuse todos os anos ao mantemento de firmes e desbroce de todas as pistas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova