Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE ÁS ALUMNAS VENCEDORAS DO CERTAME ESTATAL DE CULTURA GRECOLATINA


22/3/2010 As rapazas estudan no Colexio San Xosé da capital

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ás alumnas gañadoras do certame estatal de cultura grecolatina Sara Ramos, Laura Carballeira e María Vázquez, que formaron o equipo 'Las esclavas de Davo', en representación do colexio San José.

As alumnas explicáronlle ao Alcalde como realizaron as probas do concurso a través de internet.

López Orozco entregoulles ás rapazas como recordo da súa visita unha serie de libros editados polo Concello e resaltou o esforzo das rapazas e dos seus mestres para acadar este título.