Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os empresarios do Ceao súmanse á celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial


# Martes, 23/03/2010
Repartíronse 166.000 pegatinas e 1.040 vinilos co logo de Lugo10

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao súmase á celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial promovida polo Concello de Lugo baixo a marca de Lugo10.

A Asociación fixo entrega a cada socio de 960 pegatinas de Lugo10 para que as peguen nas facturas, albarans e outros documentos de empresa, así como seis vinilos de Lugo10 para exterior para que os coloquen en coches, camións e furgonetas da empresa. En total entregáronse 166.000 pegatinas e 1.040 vinilos co logo de Lugo10 entre os 173 asociados.

Desde a Asociación e desde o Concello agárdase que esta iniciativa teña éxito co obxectivo de dar a coñecer aínda máis a cidade de Lugo e o seu monumento máis significativo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova