Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE Á CAMPIONA DE ESPAÑA XUVENIL DE SALTO DE ALTURA


23/3/2010 A saltadora Paula Ferreiros recibiu un recordo pola súa visita

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu na Casa do Concello á saltadora lucense Paula Ferreiros, campiona de España xuvenil de salto de altura.

A atleta alzouse co título no campionato celebrado en Oviedo hai dúas fins de semana.

O Alcalde destacou o esforzo realizado pola deportista “un esforzo que merece a pena, sobre todo cando un fai o que lle gusta”, e engadiu “es un exemplo para outras mulleres que fan deporte ou que queren comenzar a facelo”.

Pola súa banda a Ferreiros explicou as metas que foi alcanzando na súa andanza deportiva e os beneficios que lle ten reportado o deporte, outra forma de relacionarse e outra forma de conectar a súa vida social e formativa.

O Alcalde entregou á deportista lucense como recordo da súa visita á Casa do Concello unha maqueta da Mosqueira da Muralla.