Imprimir

A MURALLA, A CATEDRAL E AS FONTES PÚBLICAS APAGARÁN AS LUCES COMO MOSTRA DA ADHESIÓN DO CONCELLO NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO


25/3/2010 A hora do planeta terá lugar o 27 de marzo entre as 20.30 e as 21.30 horas

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe en rolda de prensa a adhesión do Concello de Lugo á campaña A hora do Planeta de WWF. Entre as 20.30 e as 21.30 horas do vindeiro sábado 27 de marzo a Muralla, a Catedral, a Igrexa de Sa Froilán, o monumento do bimilenario e as fontes públicas apagarán as súas luces para tomar conciencia do problema do cambio climático e coñecer a importancia da participación de todos na defensa do medio ambiente.

A hora do planeta é a maior chamada á acción na que se pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 6.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.

“Por eso queremos facer un chamamento á cidadanía para que se sume á campaña e durante unha hora apaguen as luces e actúen contra o cambio climático”, explicou Piñeiro.

En España xa son máis de 50 cidades as adheridas á campaña e Lugo non podía quedar fora desta importante iniciativa. O mundo estará unido nesta iniciativa: celebrarase desde Mongolia á Arxentina, desde a Antártida ao Ártico. Apagaranse centenares de edificios e monumentos emblemáticos como a Porta de Brandemburgo en Berlín, o Museo de Historia Natural de Londres, a Torre Eiffel de París, o Museo da paz de Hiroshima, o Empire State de Nova Iork e o edifico máis alto do mundo, o Burj Khalifa de Dubai. En total son 103 países do mundo comprometidos coa campaña.

O Concello de Lugo súmase a esta iniciativa como unha mostra máis do seu compromiso coa loita contra o cambio climático e pola defensa do medio ambiente.