Imprimir

O CONCELLO PUBLICA AS BASES PARA PARTICIPAR NA MOSTRA DE TEATRO CIDADE DE LUGO


24/3/2010 O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de abril

O Concello de Lugo publicou no portal web as bases para participar na Mostra de Teatro Cidade de Lugo que chega á súa 8ª edición.

Os colectivos que desexen participar deberán cumprir os seguintes requisitos:

É imprescindible ser asociación cultural sen ánimo de lucro inscrita no rexistro municipal do Concello de Lugo. No caso dos profesionais, deberán ter a súa sede na cidade de Lugo.
 
É imprescindible, tamén, acreditar o labor teatral que o grupo estivo facendo na cidade de Lugo de maneira permanente estes dous últimos anos. Como actividade permanente enténdense o feito de facer taller de formación durante o ano, a montaxe teatral debe ensaiarse na localidade de Lugo, así como outras actividades de promoción do teatro na cidade. Terá que acompañarse memoria das actividades realizadas. A obra que se presenta ten que ser estrea en Lugo.
 
As compañías profesionais han de ter igualmente a súa sede en Lugo e esixiráselles os mesmos requisitos de actividade permanente na cidade nos últimos dous anos. No caso de compañías de nova creación, terase en conta para este cómputo o seu labor anterior no campo afeccionado na propia cidade.
 
O prazo límite de inscrición será o 6 de abril, a través do rexistro do Concello para a Concellería de Cultura e Turismo.