Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE AO PRESIDENTE DO CLUB OURENSE BALONCESTO


26/3/2010 O club ourensán e CB Breogán disputarán o clásico do baloncesto galego este domingo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao presidente do Club Ourense Baloncesto, Jorge Bermello.

O directivo do equipo ourensán visitou ao Alcalde para invirtalo a acudir ao clásico do baloncesto galego que se disputará o vindeiro domingo 28 de marzo entre o Leite Río e o Augas de Sousas en Ourense.

O Alcalde recibiu de mans de Bermello como recordo do derbi galego unha camiseta firmada por toda a plantilla do equipo ourensán.