Imprimir

LUGO10 TRAE Á CIDADE O SHOW DE DANI MATEO EN ABRIL


29/3/2010 O espectáculo do humorista está a triunfar por toda España

O domingo 25 de abril chegará á cidade, englobado dentro da programación de Lugo10, o espectáculo do monologuista e actor Dani Mateo que está a triunfar en salas, teatros e auditorios de toda España.

Desde novembro de 2007 forma parte do equipo do programa “Se lo que hicisteis la última semana” xunto a Patricia Conde, Ángel Martín e Miki Nadal, entre outros. Mateo participou tamén na serie de televisión La familia Mata.

É licenciado en Periodismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, e os seus primeiros tropezos  profesionais deunos en diversas radios locais e con 18 anos dirixía e presentaba un programa de humor na televisión da súa localidade.

Traballou en Catalunya Radio, Onda Cero, Radio Gracia, Ona Catalana, RAC 1 e Flaix FM.

Gracias a un amigo métese no mundo dos monólogos e entra na plantilla de Paramount Comedy presentando Noche sin tregua. Desde entón, actuou por toda a xeografía española cosechando grandes críticas e sendo considerado como un dos mellores monologuistas deste país.

O espectáculo denominado "EL SHOW DE DANI MATEO" chega ao Auditorio Gustavo Freire o 25 de abril ás 20:30 horas. Os prezos das entradas serán 18 euros na zona A, 16 na B e 14 na C, que estarán á venda a partir de mañá martes 30 de marzo a través da taquilla telefónica 902 504 500 e na web www.caixanova.es

www.lugo10.es