Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Armada renovan un ano máis os seus vínculos


# Luns, 29/03/2010
A unidade procedente de Ferrol renderá homenaxe á Virxe da Esperanza

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Corporación Municipal e a Armada renovaron, por 58º ano consecutivo, os seus vínculos e a tradición de render homenaxe á Virxe da Esperanza -patroa da Armada- nos actos oficiais que se desenvolveron pola mañá e que continuarán pola tarde coa participación na procesión do primeiro luns de Semana Santa.

Cen membros da Unidade formaron na Praza Maior e fixeron o tradicional desfile, diante a atenta mirada de centos de lucenses.

Acompañando ó Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Santiago Bolívar Piñeiro, atopábase o Comandante do Tercio Norte, o Capellán Castrense Vicario de Ferrol, o Capitán de Fragata e Axudante Maior do Arsenal, o Xefe de Organización, o Tenente Coronel de Infantería de Marina, o Oficial Relator Capitán de Corbeta de Ferrol e a Axudantía Maior. A Compañía de Honra, que formou na Praza Maior desde as doce do mediodía, estivo composta pola Escuadra de Gastadores do Tercio Norte, a Banda de Música do Tercio Norte, a Bandeira e Abanderado tamén do Tercio Norte, dúas seccións do Tercio Norte e unha do Arsenal, así como o Armamento Orgánico da Unidade.

O Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol pasou revista ás tropas e saudou co Alcalde de Lugo ás autoridades presentes, entre os que se atopaban a Corporación Municipal, parlamentarios galegos, deputados nacionais, autoridades dos corpos de seguridade e dos distintos exércitos.

Despois do desfile da Forza, as autoridades escoitaron un pequeno concerto a cargo da Banda de Música da Armada desde o balcón da Casa Consistorial. A continuación, o Almirante Xefe asinou no Libro de Ouro da cidade e intercambiou agasallos institucionais co Alcalde de Lugo.

O Almirante indicou que esta visita da Armada a Lugo xa é unha tradición que ten a súa xustificación no cariño que Lugo demostra á Armada e polo cariño que a Armada ten á Lugo, algo que se ve potenciado pola importancia de Galicia para a Armada, así como as evocacións da procesión da Virxe da Esperanza de Lugo, tan mariñeira como a ancla da esperanza que era o último recurso dos mariñeiros” .
Pola súa banda o Alcalde destacou que “un ano máis a Marina está en Lugo grazas a Confraría da Virxe da Esperanza, o que queremos é que hoxe milleiros de lucenses vexan a Confraría, á Armada e entonen a Salve mariñeira na parte traseira do Concello”.

Actos vespertinos
Xa pola tarde, agárdase a participación de miles de lucenses na procesión na honra da Virxe da Esperanza, que comezará ás oito e media da tarde. A Armada é Irmán Maior da Irmandade da Nosa Señora da Virxe da Esperanza.

Este martes continuarán os actos oficiais coa participación do Exército de Terra.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova